ROMANCE DA LAVANDEIRA

O romance (xunto co soneto, unha das composicións poéticas máis importantes), pode ser lírico ou narrativo.

Le e escoita este romance da literatura popular e sinala as respostas correctas.
Preme na imaxe.

Romance da lavandeira


im1ex15lirica.jpg
Imaxe: PublicDomainPictures. www.pixabay.com
Música: Fuxan os ventos

Era unha noite de lúa
era unha noite clara,
eu pasaba polo río
de volta da muiñada.
Topei unha lavandeira
que lavaba ao par da auga.
Ela lavaba no río
e unha cantiga cantaba
Moza que vés do muíño,
moza que vés pola estrada,
axúdame a retorcer
miña sábana lavada.
¡Santa María te axude
e San Lourenzo te valla!
Desparece a lavandeira
como fumeira espallada
Onde as sábanas tendera
poza de sangue deixara.
Era unha noite de lúa
era unha noite clara.


Para saber máis sobre a figura desta mensaxeira da morte, bótalle unha ollada ó interesante blog de Rafa Quintía: PREME AQUÍ