Aquí tes unha serie de conceptos do campo da sociolingüística que deberás empregar para encher os ocos. Fíxate ben no sentido dos textos.

cooficialidade - substitución lingüística - en perigo - monolingües - materna - minorizada - transmisión - dominante - vasco - inicial - transmisión xeracional - galegofalantes

NA DEFENSA DAS LINGUAS MINORIZADAS DENDE O MÍTICO BARRIO PORTEÑO DE SAN TELMO
A lingua galega é unha das mais de 6.700 que se falan no mundo

David R. Seoane | Buenos Aires 24/8/2011 Actualizada a las 8:39 h
A lingua galega é unha das mais de 6.700 que se falan no mundo enteiro e, coma a inmensa maioría delas, é unha lingua , xa que convive na súa mesma área de influencia cunha lingua , o castelán. Situación que, a pesares do seu rango de , moitas veces fai que se vexa desprazada.
Nun contexto semellante ao do galego están tamén en España o vasco ou o catalán, así coma milleiros doutras linguas máis distantes espalladas polos cinco continentes coma o hebreo, o guaraní, o gaélico ou o indio.
http://www.lavozdegalicia.es/lavozdelaemigracion/2011/08/24/00031314167957152333338.htm [adaptación]


O GALEGO DEIXA DE SER UNHA LINGUA EN PERIGO DE EXTINCIÓN PARA A UNESCO
No Estado español, contabilízanse catro idiomas en risco de desaparición ou nunha situación vulnerable

M. MATO / VIGO
Un total de 2.500 linguas de todo o mundo sofren o risco de desaparecer. Son os datos do último Atlas Unesco das linguas no mundo, que onte foi presentado en París, e no que catro idiomas do Estado Español figuran no límite da existencia ante a diminución alarmante de falantes. Neste grupo, non se atopa o galego, que pasa a situarse "a salvo" xa que "todas as xeracións falan a lingua e a súa dunha xeración a outra é continua". Esta categorización do galego contrasta coa que recibira no anterior volume do ano 2001, onde figuraba como unha lingua "en perigo".
No caso do , o informe da Unesco etiqueta a súa situación como "vulnerable" entendendo como tal que "a maioría dos nenos falan a lingua, pero o seu uso pode estar restrinxido a determinados ámbitos (o fogar, por exemplo)".
En peor situación que o vasco, encóntranse no Estado o asturiano-leonés, o aragonés e o gascón. As tres linguas atópanse "en perigo" porque "os nenos xa non a aprenden como lingua ". En cifras, o asturiano-leonés é falado por 150.000 persoas, o aragonés por 10.000 habitantes; e o gascón (que tamén recibe o nome de occitano en Francia, onde tamén se fala) só rexistra 3.800.
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2009/02/20/o-galego-deixa-unha-lingua-perigo-extincion-unesco/298797.html [adaptación]


UN CURSO PARA RECUPERAR A TRANSMISIÓN XERACIONAL DA LINGUA
A fenda na do galego ameaza o futuro da nosa lingua. Desde Carballo avanzan as claves para que isto non aconteza no curso #traballandoenlingua da USC e a CTNL.
Organizado pola Universidade e a Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización Lingüística (CTNL), o curso afondará nas ferramentas para que nenas e nenos teñan o galego como lingua e se manteñan no uso da lingua de maneira habitual. O curso terá carácter fundamentalemente práctico con especial dedicación ás medidas de intervención sobre as xeracións novas das que dependerá o futuro da lingua.
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/lingua/curso-recuperar-transmision-xeracional-da-lingua/20140624144824028562.html [adaptación]

A POBOACIÓN MONOLINGÜE EN GALEGO, MENOS DO 50% POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA
O número de persoas que se declaran en galego sitúase, por vez primeira na historia, por baixo do 50% da poboación.
O IGE cifra no 43,8% a porcentaxe de , maiores de 5 anos, no 2011. Unha cifra que contrasta co 56,84% que se declaraba monolingüe en galego dez anos antes.
Os datos deveñen dun proceso de favorábel ao español, pois a redución no número de monolingües en galego resulta dun notábel incremento das persoas que din empregar maioritariamente a lingua de Castela. Ora ben, o IGE sinala unha lixeira redución no número de persoas que declaran usar unicamente o castelán e "nunca" recorren ao galego.
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/lingua/poboacion-monolingue-galego-menos-do-50-primeira-vez-na-historia/20141014123557031414.html [adaptación]