Usouse principalmente entre 1900 e 1930, ata que as súas capacidades foron superadas pola dos aeroplanos; ademais, sufrira varios accidentes, o máis coñecido foi o incendio do Hindenburg, no que morreron trinta e seis persoas
Cepelín
Dirixible
Helicóptero
Hidroavión
A partir do S.XII, volveu retornar o seu carácter de luxo, converteuse nun símbolo do poder económico e posición social, poñéndose de moda entre as princesas, que as cubrían de veludo e adornos de ouro e prata. No conto da Cincenta ten un papel importante.
Carroza
Cabaza
Alfombra voadora
Dilixencia
O de Moscú, tamén chamado “palacio subterráneo”, é o máis utilizado do mundo; cada día úsano máis de nove millóns de persoas
Metro
Catamarán
Liña ferroviaria
Tranvía
Embarcación usada por Colón no descubrimento de América; nos anos posteriores, foi caendo en desuso a medida que foron aparecendo novos tipos de embarcacións
Carabela
Galeón
Cruceiro
Bergantín
O “Essex” era unha embarcación deste tipo, coñecida por ser atacada e afundida por un cachalote no Océano Pacífico en 1820. O incidente foi unha inspiración para a novela, de 1851, Moby-Dick, de Herman Melville