Unha de xogos populares

Une cada xogo coas súas características

O adival que se precisa debe ser algo longo e as persoas que dan estarán afastadas polo menos tres metros entre elas. Dáse cun movemento pendular do brazo, á esquerda e á dereita, trasmitíndolle á corda esta oscilación. A corda desprázase lentamente cun vaivén, sen chegar a describir tan sequera medio círculo. A persoa que chouta colócase mirando cara a unha das que dan; evitará que a corda lle toque nos pés ou nas pernas, dando saltos laterais á esquerda e dereita, alternativamente.
_________________________________________________________________________________
Participan un máximo de seis xogadores e bótase sortes para ver que comeza. Ó elemento co que se xoga hai que ir dándolle golpiños coas uñas para avanzar polo camiño que está marcado no chan.
_________________________________________________________________________________
Son uns vehículos de madeira, construídos por quen está a xogar, que normalmente teñen un guiador, un ou dous eixos e tres ou catro rodas. A actividade a realizar é a de desprazarse enriba delas e realizar un percorrido que se establece de antemán.
_________________________________________________________________________________
Tamén chamado trompo, buxaina, bailarete … é un xoguete de madeira que leva na súa punta un cravo de ferro (o ferrón) que fai que vire con xeito. Para poder practicar este xogo, precísase tamén dunha piola, unha corda que se amarra arredor do enredo que fará posible o seu baile.
_________________________________________________________________________________
As persoas que xogan agrúpanse en parellas; colócanse unha a carón da outra e atan as pernas máis próximas. Deberán correr para atravesar unha distancia; cando cheguen á meta, soltaranse, intercambiarán as súas posicións na parella, ataranse de novo e volverán ao punto de partida.
_________________________________________________________________________________
Xogan dúas persoas e bótase a sortes quen comeza. O primeiro movemento é colocar unha peza no punto central e despois alternativamente irán colocando as súas pezas nas marcas que desexen. Trátase de que un xogador consiga situar as tres pezas en liña, ben sexa recta ou diagonal.
_________________________________________________________________________________
Un dos xogadores, ó chou, é o que queda. Colócase no centro e lanza a pelota ó tempo que di o nome dun xogador. A persoa nomeada recóllea o máis axiña que pode e os demais escapan. Cando a colle berra e os demais fican parados no sitio. O xogador que ten a pelota dá tres saltos cara a un dos xogadores e lánzalle a pelota. Se lle dá, xa ten unha falta; se non lle dá, a falta é para o lanzador. Elimínase un xogador en canto ten tres faltas.
_________________________________________________________________________________
Utilizando un botón, haberá que pasar un cordón polos furadiños e atar os dous extremos para que o botón quede preso. Para probar se funciona, débese coller con dous dedos os extremos e darlle unhas voltas ao botón, que comezará a xirar e zoar sen parar.
_________________________________________________________________________________