A ver se sabes!
Escribe o nome do deporte ó que se refire cada texto
Nelson Manela utilizou este deporte para unir a poboación negra e a branca en Sudáfrica, de xeito que todos animaran o mesmo equipo no Mundial de 1995, que acabou ganando o equipo sudafricano:
A súa orixe atópase no mito da fazaña do soldado grego Filípides quen, no ano 490 a.C. morreu de fatiga despois de percorrer uns 37 km para chegar a Atenas e anunciar a vitoria sobre o exército persa:
O primeiro xogo oficial foi celebrado en 1892, con nove xogadores en cada equipo e unha cancha da metade do tamaño das actuais, e cun balón de fútbol. As primeiras pelotas fabricadas especialmente para este deporte non se fabricaron ata a década de 1950:
Trátase dun deporte de raqueta que se disputa entre dous xogadores ou dúas parellas. É olímpico desde Seúl 1988, e é un dos deportes con maior número de practicantes:
Deporte de orixe xaponesa no que se enfrontan dous loitadores nun círculo; o que toca o chan cunha parte do corpo diferente á planta dos pés ou sae do círculo en que se loita resulta derrotado. Os deportistas que o practican son de gran tamaño, xa que a masa corporal é un factor decisivo:
Xogo de orixe escocesa que consiste en golpear cun pau unha bóla para introducila, cun mínimo de golpes, en dezaoito buratos distribuídos ao longo dun campo cuberto de obstáculos:
Pódese practicar en pista cuberta ou ó aire libre; engloba diferentes especialidades: en ruta, en pista, en montaña…Unha das competicións máis coñecidas é a que se desenvolve por etapas ó longo da xeografía francesa, durante tres semanas, no mes de xullo:
Comprobar respostas
Vale