Completa os textos cos nomes das aves correspondentes.

xílgaro, ouriolo, estorniño, pega, bubela, anduriña, carrizo

A é habitual nas vilas, aldeas e ciudades, pero non tanto no monte. Se non nos fixamos, pode parecer que é negra e branca, pero nas partes máis escuras pódense apreciar irisacións verdes, azuis ou moradas.

Trátase dun paxaro moi pequeño, fácilmente identificable porque o ten o costume de ter o rabo cara a arriba.

O tamén se coñece cos nomes de vichelocrego, papafigo ou nicolao; o macho é de cor amarela, coas ás e rabo negros, peteiro rosado e ollos vermellos; a femia é de cor verdosa nas partes superiores, parda nas ás e no rabo, e abrancazada con raias pardas nas inferiores.

Coñecido polo seu melodioso canto, o posúe tamén grande beleza, con manchas amarelas nas ás, cara vermella, cor parda no lombo, e rabo e cabeza brancos e negros.

Son característicos os seus niños en forma de cunca en teitos de edificios; a mide uns 20 centímetros, é negra, marrón e branca, e ten o rabo moi gallado.

A ten as costas e a cabeza laranxas, esta última acabada nunha crista laranxa e negra. É coñecida polo seu cheiro desagradable, debido a que utiliza excrementos para facer o niño.

Durante o verán, a plumaxe do é completamente negra, pero durante o inverno tórnase máis clara. É moi gregario: vive, cría e viaxa en grandes bandadas de ata centos de individuos.