Conclusión
Para rematar...
Chegados a este punto, cada un de nós tería que ser quen de dar resposta ás cuestións prantexadas na introdución, tendo en conta que, na maioría dos casos, realizar un consumo responsable só implica realizar un cambio nos nosos hábitos de consumo que non levan consigo comportamentos moi diferentes aos que xa temos, non producen inconvenientes considerables e non requiren esforzos específicos adicionais.
En gran grupo, realizaremos as seguintes actividades:
- Teremos que encontrar as eivas que hai nas etiquetas que realizaron os diferentes grupos na actividade anterior.
- Observade a imaxe da dereita atentamente e expresar a vosa opinión sobre o seguinte tema:
"A importancia de mercar produtos galegos"
Para rematar le atentamente a seguinte frase de F. Gesualdi.
"O consumo pode converterse nunha arma formidable para facer cambiar o curso da historia; os consumidores, se queren, poden impoñer ás empresas comportamentos máis xustos".
...cal é a túa opinión!!
Un pouco de lecer
Se remataches as tarefas, podes gozar duns momentos de lecer, ben merecidos, nas seguintes ligazóns:
- Vídeo "De consumidor a consumo responsable" do grupo SETEM.
- Comercio e consumo. LIM do repositorio Abalar de Nela Abellá.
Para rematar, só resta indicar que todos deberiamos comprender que esta forma de traballar é un recurso educativo moi útil, xa que nos vai permitir adquirir coñecementos de xeito divertido e ameno.
Imaxino que xa coñeces un pouco máis sobre os dereitos do consumidor... e xa sabes...
... consume responsablemente!!!