Saltar navegación

Proceso

Día da Muller TraballadoraPara a realización das tarefas seguiredes, por orde, os seguintes pasos:


Tarefa 1, Presentación sobre o Día da Muller Traballadora. (2 sesións)


A primeira tarefa que faredes será a elaboración dunha pequena presentación en liña, sobre a orixe da conmemoración do Día da Muller Traballadora:

  1. Formaredes grupos de dous membros.

  2. Pescudaredes información, nas ligazóns facilitadas, para elaborar unha pequena presentación sobre a orixe e obxectivos da conmemoración do Día da Muller Traballadora

    Para recoller a información empregaremos o guión facilitado e as seguintes ligazóns:

  3. Unha vez completado o esquema/guión do traballo, cada grupo editará a presentación en liña, preferentemente cos seguintes programas:

  4. Cada grupo exporá ante o resto da clase a súa presentación en liña, empregando  o proxector e ordenador.

  5. Os traballos que teñan unha valoración positiva serán publicados na web e nos blogs de biblioteca e aula.


Tarefa 2, Álbum de mulleres célebres galegas. (4 sesións)


  1. Agora, cada grupo escollerá unha muller célebre galega, das facilitadas nas instrucións aos investigadores, e escribirá na pizarra da aula o seu nome, para que non sexa traballada por outro equipo. 
    • A continuación, dentro do grupo repartiranse os seguintes traballos de investigación:

      • Detective. Este pescudará sobre a súa vida.
      • Historiador/a. Que pescudará sobre a súa obra e achegas á Sociedade.
         
    • Cada investigador ou investigadora:

      • Lerá todos os recursos que se lle propoñen.
      • Buscará información noutros recursos: Internet, enciclopedias, libros...
      • Recollerá información por escrito ou en formato dixital, atendendo ás directrices específicas que se lle facilitan. Nas ligazóns atoparedes fichas que vos facilitarán o traballo.
  1. Unha vez recollida a información, cada grupo: 

    • Fará unha posta en común coa información obtida, intercambiando e integrando os datos dos dous membros.
    • Entre os dous elaboraredes un pequeno bosquexo de como repartiredes a información no cartaz.
    • Unha vez que teñades todo o material listo, montaredes o cartaz en tamaño A3.

  2. Exposición dos cartaces:

    • Unha vez rematado o traballo, cada parella exporá o seu traballo nas paredes dos corredores do colexio.
    • Faremos unha visita guiada á exposición na que cada grupo irá explicando aos demais o seu traballo.

  3. Unha vez recollida a exposición, cos cartaces montaremos un "Álbum de mulleres galegas célebres" que pasará a formar parte dos fondos da biblioteca e que en anos sucesivos iremos ampliando. 


Instrucións para os equipos de investigación


  • Detectives

    Vós encargarédesvos de pescudar sobre a súa vida, para elo leredes os documentos propostos e recolleredes a información necesaria para crear unha pequena biografía da muller escollida. As seguintes ligazóns teñen suficiente información para elaborar o documento.