Webquest para o Día Mundial dos Dereitos da Infancia
Proceso
Para a elaboración do cómic realizaremos por orde as seguintes tarefas:
TAREFA 1: Pescudar información sobre os Dereitos da Infancia (1 sesión)
- A
ntes de comezar a tarefa principal deste traballo, informarémonos sobre os Dereitos da Infancia por medio das seguintes ligazóns.
- Unha vez que coñecemos e observamos o resumo que fixo Unicef da Convención dos Dereitos da Infancia, en 12 dereitos fundamentais, procederemos a repartir ditos dereitos entre todo o alumnado da clase. Cada alumno/a escollerá un dereito e se hai na clase máis de 12 alumnos e alumnas, podemos asignar un mesmo dereito a varios nenos ou nenas.
TAREFA 2: Realización dun cómic que recolla os dereitos da infancia (3 sesións)
- Unha vez realizada a PRIMEIRA TAREFA, todo o alumnado, de xeito individual, asumirá o papel de Ilustrador de cómic e realizará un traballo de banda deseñada sobre o dereito que lle foi asignado, atendendo ás seguintes ordes:
- Observa a imaxe de Unicef que fai referencia ao teu Dereito e anota os artigos da Convención que o tratan para ampliar información sobre el:
EDUCACIÓN FAMILIA IDENTIDADE IGUALDADE XOGO PARTICIPACIÓN ABUSOS DISCAPACIDADE GUERRA CÁRCERE TRABALLO SAÚDE
- Observa a imaxe de Unicef que fai referencia ao teu Dereito e anota os artigos da Convención que o tratan para ampliar información sobre el:
-
Pescuda máis información sobre ese Dereito nos artigos do texto da Convención e nas seguintes ligazóns.
- Antes de comezar a crear a túa parte do cómic (unha folla, máximo dúas), observa imaxes de cómics doutros artistas e presta moita atención ao titorial para elaborar cómics que se achega:
- Imaxes de Mafalda sobre os Dereitos da infancia.
- "Las aventuras de Marina Derecho".
- Como elaborar un cómic. Titorial do CEIP A Ramallosa.
- Imaxes de Mafalda sobre os Dereitos da infancia.
- Podes empregar calquera dos seguintes servidores para elaborar o cómic en liña:
- Modelos para realizar o cómic a man (se non empregas un editor en liña):
- Unha vez rematada a vosa parte do cómic, achegarédeslle o traballo ao titor para que integre todas as follas feitas nun só documento pdf. Dito documento será accesible desde a web do cole e da biblioteca.