Webquest Estatuto de Galiza
Tarefas
Desde a Dirección do noso centro fixéronnos un encargo moi especial que ten como obxectivo principal publicitar o contido esencial do Estatuto de Autonomía de Galiza entre a nosa comunidade educativa.
Para levar a bo fin o noso cometido, asumiremos cinco roles de traballo diferentes (xuristas, historiadores, técnicos do téxtil, músicos e lingüistas) que realizaremos as seguintes tarefas coordinadamente i en equipo:
- Elaboración dunha presentación e de cartaces informativos sobre os contidos fundamentais do Estatuto de Autonomía e os símbolos propios de Galiza, seguindo as pautas que figuran no apartado de "Proceso".
- Elaboración e aprobación dun borrador coas normas de clase seguindo un proceder parlamentario e que achegaremos ao Equipo Directivo para ter en conta no Plan de Convivencia.
A presentación será facilitada a toda a comunidade educativa do noso centro e os cartaces informativos serán expostos no corredor.
... prepárense para debater ante os compañeiros e compañeiras!!