5-desviosnorma/32_dialectalismos.html

3-2- Dialectalismos
PRINCIPAL

Saltar navegación

3-2- Dialectalismos

Debemos diferenciar localismos léxicos, que só teñen uso nunha área xeográfica pero non constitúen desviacións da norma, e variantes dialectais consistentes en solucións morfolóxicas excluídas do estándar normativo.

Os primeiros, os localismos léxicos, (raposo golpe (wolf), rapante - meiga, xouba - parrocha...), aínda sendo minoritarios, están incorporados ao léxico estándar.

Os segundos, as variantes dialectais pódense clasificar en dous grupos, segundo afecten ao plano fonético ou morfosintáctico ( este, ese, aquel, iso); ao pronome persoal (il por el, tu por ti, cheísmo).

Observa

Son dialectalismos no plano fonético os que afec­tan ao seseo e á gheada (sapato, lus, por zapato, luz, ghato, reghalo, por gato, regalo) e ao ditongo -ui- entroques da solución estándar -oi- (truita, muito, por troita, moito). Canto ás formas en cua ou gua (cuando,guardar) as solucións normativas son ca e ga (cando, gardar), a excepción de cuarto como numeral ordinal ou substantivo co significado de 'habitáculo', ademais das voces cultas (cuadraxésimo, cuadrimestre, cualificar).

Fíxate

No plano morfosintáctico poden afectar aos plurais de formas con –ns (cas - caes / cais ou ladrós - ladrois fronte ás formas normativas cans, ladrón); ás formas en -án, -á (o irmao / irmau, o irmá, a irmán, fronte ao normativo o irmán - a irmá); aos demostrativos (iste, ise, aquil, eso, fronte aos normativos); ás terminacións verbais (andais, andandes, andás, por andades; colliu por colleu, sigueu por seguiu).