PRINCIPAL

Saltar navegación

3-1-2- Tipos de textos

Resulta difícil establecermos unha tipoloxía que abarque todos os aspectos que ten un texto. Velaquí algunhas:

Clasificación Socio-cultural

  • Textos científicos: producidos no contexto da comunidade científica (Tese doutoral, Memoria de Licenciatura, artigo científico ou monografía científica conferencia, etc.
  • Textos administrativos: medio de comunicación entre o individuo e determinada institución. Son textos altamente formalizados, con estruturas ríxidas (Certificado, Instancia ou Boletín Oficial).
  • Textos xurídicos: producidos no proceso de administración de xustiza (sentencia, recurso, lei).
  • Textos periodísticos: textos susceptibles de aparecer no contexto da comunicación periodística (noticia, reportaxe, editorial, columna).
  • Textos humanísticos: aqueles que tratan algún aspecto das ciencias humanas: Psicoloxía, Socioloxía, Antropoloxía, etc desde o punto de vista propio do autor, sen o nivel de formalización dos textos científicos (ensaio).
  •  Textos literarios: nos que se manifesta a función poética (narrativos, líricos e dramáticos).
  • Textos publicitarios: teñen como función convencer ao lector e incitalo ao consumo de determinado artículo. Emprega recursos como a combinación de palabra e imaxe, xogos de palabras, etc. (anuncio).
  • Textos dixitais: blogs, SMS,  chat, páxinas web.

Clasificación funcional dos textos

De acordo coa intención que persegue o ou os interlocutores:

Texto informativo: informa de algo sen intentar modificar a situación.

Texto directivo: incita ao interlocutor a realizar algunha acción.

Texto expresivo: revela a subxectividade do falante.

As secuencias textuais

Son esquemas abstractos ou superestructuras, que se poden presentar alternadas ou entrelazadas ao longo dun texto, e que conlevan unha serie de características lingüísticas. As básicas son catro: narración, descrición, argumentación e exposición.

Texto narrativo

A narración é un tipo de texto no que se contan feitos reais ou ficticios. Ao abordar a análise dos textos narrativos é necesario estudar a historia, as acciones que a compoñen, os personaxes, o tempo e o espazo.

Texto descritivo

A descrición dá conta das características dun obxecto de forma estática, sen transcurso de tiempo. O termo "obxecto" entendido en sentido amplo (abarca calquera realidade, sexa esta humana ou non, concreta ou abstracta, real o ficticia. Todo o imaxinable é descriptible. Os tipos de texto descritivo son:

Textos científicos: a súa finalidade é mostrar o procedemiento para realizar unha investigación ou unha experimentación.

Textos técnicos: mostran os compoñentes, a forma e o funcionamiento de cualquera tipo de obxecto, creación artística ou instrumental: pintura, escultura, mecánica, deportes, medicina, etc; entre eles inclúense os manuaies de instrucións de uso e montaxe de aparatos; as receitas de cociña e os prospectos de medicamentos.

Textos sociais: ofrecen datos sobre o comportamento das persoas e institucións. Son de tipo prescritivo.

Texto argumentativo

Trátase do tipo de textos nos que se presentan as razóns a favor ou en contra de determinada "posición" ou "teses", co fin de convencer ao interlocutor a través de diferentes argumentos tomando unha postura a favor ou en contra . Trátase de maneira fundamental, aínda que non exclusivamente, de xuízos de valor, apreciacións positivas ou negativas acerca do exposto (Bo, malo, feo); válido/ non válido, adecuado/non adecuado). O discurso argumentativo é propio do ensaio e da crítica en xeral. Cos textos argumentativos podes dar o teu punto de vista fronte a "algo", xa sexa a túa posición positiva ou negativa.

Texto informativo ou expositivo

Presenta, de forma neutra e obxectiva, determinados feitos ou realidades. Mediante o texto expositivo non se intenta convencer, senón mostrar. Esta diferencia abstracta non é sempre tan evidente nos textos concretos, polo que moitas veces se fala de textos "expositivo-argumentativos". Exemplos: típicos do texto expositivo son os textos científicos. A finalidade destes textos é informar.

Existen dous tipos de textos informativos:

1.    Textos divulgativos ou informativos. É o tipo de texto expositivo que vai dirixido a un público amplo que usa información pouco específica e léxico formal, é dicir non técnico nin especializado. Encontrámolos en apuntes, libros de texto, enciclopedias, exames, conferencias, coleccionables, etc.

As características dos textos divulgativos son:

  • Informa clara e obxectivamente sobre un tema de interese xeral.
  • Vai dirixida a un público maioritario.
  • É de doada comprensión.
  • Utiliza un vocabulario estándar.
  • Posúe obxectividade.

2.    Textos especializados ou argumentativos. Texto expositivo especializado que está dirixido a un público específico dun área de coñecemento determinado que require ou usa un léxico especializado e información técnica. Encontrámolos en informes, leis, artigos de investigación científica, etc.

As características dos textos especializados:

  • Informa sobre un tema moi concreto.
  • Vai dirixida a un receptor experto no contido tratado.
  • Resulta de difícil comprensión para quen non coñece o tema.
  • Usa unha terminoloxía específica.
  • Presenta gran obxectividade.

Referencia bibliográfica

Actividade

Axudándote da rede, localiza e copia un exemplo dos seguintes textos:

1 Texto descritivo técnico

1 Texto argumentativo

2 textos informativos ou expositivos (un divulgativo ou informativo e outro especializado ou argumentativo).