3-1-2- Tipos de textos
Resulta difícil establecermos unha tipoloxía que abarque todos os aspectos que ten un texto. Velaquí algunhas:
Clasificación Socio-cultural
- Textos científicos: producidos no contexto da comunidade científica (Tese doutoral, Memoria de Licenciatura, artigo científico ou monografía científica conferencia, etc.
- Textos administrativos: medio de comunicación entre o individuo e determinada institución. Son textos altamente formalizados, con estruturas ríxidas (Certificado, Instancia ou Boletín Oficial).
- Textos xurídicos: producidos no proceso de administración de xustiza (sentencia, recurso, lei).
- Textos periodísticos: textos susceptibles de aparecer no contexto da comunicación periodística (noticia, reportaxe, editorial, columna).
- Textos humanísticos: aqueles que tratan algún aspecto das ciencias humanas: Psicoloxía, Socioloxía, Antropoloxía, etc desde o punto de vista propio do autor, sen o nivel de formalización dos textos científicos (ensaio).
- Textos literarios: nos que se manifesta a función poética (narrativos, líricos e dramáticos).
- Textos publicitarios: teñen como función convencer ao lector e incitalo ao consumo de determinado artículo. Emprega recursos como a combinación de palabra e imaxe, xogos de palabras, etc. (anuncio).
- Textos dixitais: blogs, SMS, chat, páxinas web.
Clasificación funcional dos textos
Texto informativo: informa de algo sen intentar modificar a situación.
Texto directivo: incita ao interlocutor a realizar algunha acción.
Texto expresivo: revela a subxectividade do falante.
As secuencias textuais
Son esquemas abstractos ou superestructuras, que se poden
presentar alternadas ou entrelazadas ao longo dun texto, e que conlevan unha
serie de características lingüísticas. As básicas son catro: narración,
descrición, argumentación e exposición.
Texto narrativo
A narración é un tipo de texto no que se contan feitos reais
ou ficticios. Ao abordar a análise dos textos narrativos é necesario estudar a
historia, as acciones que a compoñen, os personaxes, o tempo e o espazo.
Texto descritivo
A descrición dá conta das características dun obxecto de
forma estática, sen transcurso de tiempo. O termo "obxecto" entendido
en sentido amplo (abarca calquera realidade, sexa esta humana ou non, concreta
ou abstracta, real o ficticia. Todo o imaxinable é descriptible. Os tipos de
texto descritivo son:
Textos científicos:
a súa finalidade é mostrar o procedemiento para realizar unha investigación ou
unha experimentación.
Textos técnicos:
mostran os compoñentes, a forma e o funcionamiento de cualquera tipo de obxecto,
creación artística ou instrumental: pintura, escultura, mecánica, deportes,
medicina, etc; entre eles inclúense os manuaies de instrucións de uso e montaxe
de aparatos; as receitas de cociña e os prospectos de medicamentos.
Textos sociais: ofrecen datos sobre o comportamento das persoas e
institucións. Son de tipo prescritivo.
Texto argumentativo
Trátase do tipo de textos nos que se presentan as razóns a
favor ou en contra de determinada "posición" ou "teses", co
fin de convencer ao interlocutor a través de diferentes argumentos tomando unha
postura a favor ou en contra . Trátase de maneira fundamental, aínda que non
exclusivamente, de xuízos de valor, apreciacións positivas ou negativas acerca
do exposto (Bo, malo, feo); válido/ non válido, adecuado/non adecuado). O
discurso argumentativo é propio do ensaio e da crítica en xeral. Cos textos
argumentativos podes dar o teu punto de vista fronte a "algo", xa sexa
a túa posición positiva ou negativa.
Texto informativo ou expositivo
Presenta, de forma neutra e obxectiva, determinados feitos ou
realidades. Mediante o texto expositivo non se intenta convencer, senón
mostrar. Esta diferencia abstracta non é sempre tan evidente nos textos
concretos, polo que moitas veces se fala de textos "expositivo-argumentativos".
Exemplos: típicos do texto expositivo son os textos científicos. A finalidade
destes textos é informar.
Existen dous tipos de textos informativos:
1.
Textos
divulgativos ou informativos.
É o tipo de texto expositivo que vai dirixido a un público amplo que usa
información pouco específica e léxico formal, é dicir non técnico nin
especializado. Encontrámolos en apuntes, libros de texto, enciclopedias, exames,
conferencias, coleccionables, etc.
As características dos textos
divulgativos son:
- Informa
clara e obxectivamente sobre un tema de interese xeral.
- Vai
dirixida a un público maioritario.
- É
de doada comprensión.
- Utiliza
un vocabulario estándar.
- Posúe
obxectividade.
2.
Textos
especializados ou argumentativos.
Texto expositivo especializado que está dirixido a un público específico dun
área de coñecemento determinado que require ou usa un léxico especializado e
información técnica. Encontrámolos en informes, leis, artigos de investigación
científica, etc.
As características dos textos especializados:
- Informa
sobre un tema moi concreto.
- Vai
dirixida a un receptor experto no contido tratado.
- Resulta
de difícil comprensión para quen non coñece o tema.
- Usa
unha terminoloxía específica.
- Presenta
gran obxectividade.
Referencia bibliográfica
Obtido de "http://es.wikipedia.org/wiki/Tipos_de_texto"
Actividade
Axudándote
da rede, localiza e copia un exemplo dos seguintes textos:
1 Texto
descritivo técnico
1 Texto
argumentativo
2 textos
informativos ou expositivos (un divulgativo ou informativo e outro
especializado ou argumentativo).
