2-1- Lectura de palabras difíciles (Intelixibilidade da pronuncia)
Le en voz alta para ires practicando
Eu namorar, eu namorar, eu namoreime,
eu namoreime na beira do mar,
enguedellar, enguedellar, enguedelleime,
enguedelleime na beira do mar.
Eu namoreime dunha rapaciña,
xa non me puiden desenamorar
Eu namorar, eu namorar, eu namoreime,
eu namoreime na beira do mar,
enguedellar, enguedellar, enguedelleime,
enguedelleime na beira do mar.
Enguedelleime dunha rapaciña,
xa non me puiden desenguedellar.
Eu namorar, eu namorar, eu namoreime,
eu namoreime na beira do mar,
enguedellar, enguedellar, enguedelleime,
enguedelleime na beira do mar.
1- Pseudopalabras
Estas palabras non existen, malia iso poden ser lidas igualmente como exercicio articulatorio. Practica até que consigas lelas de corrido.
Piriconti, mirabaite, premelido, grapiela, pritestizo.
2
Pronuncia varias veces en voz alta estas palabras até que o fagas moi ben. Malia que non saibas o seu significado (nese caso deberías molestarte en buscalas no dicionario) iso non debe impedir que as leas correctamente.
Apouvigar, vélaro, caraveleira, hugonote
vehementemente, viorto, déullelo, lóbregue
reabsorber, halterofilia, concentrouse, dovelas
balorecer, vimbieira, varredallas, erbedelo
rebuldaina, exhibicionismo, xovenca, desenvurullar
3- Le de corrido en voz alta
1- Teño unha galiña pinta, peririnca, peribranca;
se a galiña non fora pinta, peririnca, peribranca,
os seus sete poliños non serían pintos, peririncos, peribrancos.
2- Nai e filla foron á misa;
a nai pisa palla,
a filla palla pisa.
3- Brindis, copa copindis
copín de copa.
O que non diga
brindis, copa copindis
copín de copa,
non bebe gota.
4- Non confundas o allo co bugallo
Os parónimos son palabras que presentan unha grafía parecida e un son moi semellante, pero posúen significados diferentes; poden inducirnos a erros se non as lemos ben; por exemplo:
Cume: a parte máis elevada dun monte.
Cumio: a parte máis elevada do teito ou tellado dunha casa.
Outros exemplos son extremo/estrema; descrición/discreción; apto/acto, inserir/inxerir, contesto/contexto, espiar/expiar, estático/extático, seso/sexo.
Un chisco de humor
Descubre o parónimo da seguinte definición de "home primitivo":
Vestíase de peles e refuxiábase nas tabernas.
