Cuestionario.
Marca o que non sexa correcto.
Marca as afirmacións que sexan correctas.
- En Lugo capital hai gheada.
- O seso total é o seseo explosivo e o final denomínase tamén implosivo.
- Só no sur de Ourense e Pontevedra podemos escoitar consoantes sonoras.
- A área máis orixinal no léxico resulta ser a área bergantiñá.
- Santiago é zona de seseo.
- As isoglosas delimitan fronteiras lingüísticas.
- Ferromolín é un topónimo típico da Costa da Morte.
- Zas (A Coruña) escríbese con z por ultracorrección do seseo.
- “Os bois saíronlle bois” é unha frase que podemos escoitar na zona oriental de Ourense.
- “Mai”, que podemos escoitar en Lugo e Ourense é correcto, pero non normativo.
- “Vendiu o coche vello para mercar un novo” podémosllo escoitar a un falante de Vigo.
- “A fala” é como se coñece o galego de Cáceres.
- As zonas de Asturias, Bierzo, Zamora e Cáceres onde se fala galego contan con representantes no Parlamento Galego.
- Os diminutivos en –ín son propios da franxa máis occidental do bloque oriental.
- No Bloque Oreintal non hai gheada.