Ditados




Veño do salón de peiteado. A perruqueira, unha rapaza nova, recomendoume que tinga o pelo. Di que teño demasiadas canas... E engadiu. un home con canas é moi interesante, pero unha muller con canas semella vella e desastrada.




Gemma Lienas, O diario violeta de carlota. Editorial Galaxia, 2011.




Non será un amor
proprio ou alleo
que se fixe no tamaño
das tetas
o cu e o bandullo,
na celulite e nas patas de galo
un amor demasiado cativo?
-Pregunto-.



María Reimóndez. Moda galega reloaded (ou a crise do capital) . Ed. Positivas, 2014.





De xeonllos como está, os cóbados cravados na terra, estende o barro a presadas polo ventre e os brazos como se estivese a arrouparse con el. Méxase, entre grandes pasmos.
Unha árbore detrás- o cepo podrecido dun vella enciña
-concentra acaso tanta tensión onda o único claro. Se nos decatamos, os laios que estamos a oír son os de Ofelia.


Miguel Sande : Elas, que din. Biblos, colección Mandaio. 2005.

(Aciñeira en galego)