Ditados

.
Hai tempo que o Jocker venceu a Batman
por goleada.
A súa estética sen cellas,
a súa cara inchada,
os seus morros deformes
son hoxe a inspiración
da masa.
María Reimóndez. Moda galega reloaded (ou a crise do capital) . Ed. Positivas, 2014.
Pasamos da variabilidade
donda dos corpos,
o aumento das curvas coa idade,
o abanar das columnas,
a dozura dos papos
e o entrañable das engurras
ao botox
e a silicona.
A terceira idade futura
marcarana tetas
de alta definición.
María Reimóndez. Moda galega reloaded (ou a crise do capital) . Ed. Positivas, 2014.