Lectura e ditados.




De nena
asexaba mareas dende a fiestra
hoxe
plantaron eucaliptos.

Antía Otero: O son da Xordeira. Ed. Espiral Maior, 2003.




Todos os coxos
Teñen unha colección de caxatos
Nós como somos aviadores
Xuntamos bolboretas.


Ronselts. Unicornio de cenorias que cabalgan os sábados. Ed. Positivas. 2014 (2ª Edición)



Galiza
Todo na miña terra é paisaxe
Menos traxe,
paxe
e garaxe.


Ronselts. Unicornio de cenorias que cabalgan os sábados. Ed. Positivas. 2014 (2ª Edición)




A cor vermella cálida, intensificada pola amarela semellante, produce a laranxa. Por esta mestura, o movemento concéntrico da cor vermella convértese nun movemento de irradiación e esténdese á contorna. (...) Parécese a unha persoa convencida das súas forzas e, por iso, esperta unha sensación de saúde.


Vasily Kandinsky: De lo espiritual en el arte. Ed. Paidós Estética. 1996. (Tradución propia)





Fixácheste cantas veces nas lendas, os deuses, os dragóns e mais os reis estranxeiros teñen que ser acougados por doncelas? Por que nunca se ofrece un doncel en sacrificio? Lémbrate como San Xurxo salva a doncela de ser devorada polo dragón.



Gemma Lienas, O diario violeta de carlota. Editorial Galaxia, 2011.



Comportamento visceral



Despois de espremer os miolos, gastar un ril e botar os figados na campaña electoral, a noite dos comicios algúns partidos deben morder a lingua aínda que se lles envelene o sangue e, á vista dos resultados, por máis que se lles revolva o estómago, botarlle morro e acabar facendo de tripas corazón.



Manuel Núñez Singala: Instrucións para tomar café. Ed. Galaxia, 2014.