O
O O
O CLIMA DE
CLIMA DECLIMA DE
CLIMA DE
GALICIA
GALICIA GALICIA
GALICIA
O CLIMA .
Conceptos.
Alustrar: Caér lostregos , lostregar .
Arroiar : Chover con moita forza sen parar .
Clima: é o tempo que fai nun lugar determinado ao
longo dun período
Elementos do clima: son a temperatura e as
precipitacións .
Invernía: Tempo frío e chuvioso , propio do inverno.
Precipitacións : A neve , a sarabia e a chuvia o son
Precipitacións anuais : son a suma das precipitacións
mensuais.
Sarabia: Auga conxelada en forma de grans.
Temperatura máxima : é a temperatura máis alta dun
lugar .
Temperatura media anual: é a suma das temperaturas
medias dos doce meses e dividida entre doce.
Temporal : Chuvia forte con moito vento
O clima de Galicia
O clima de Galicia é temperado – nin moi frío nin
moi cálido - e moi húmido , pola proximidade do mar.
O tipo climático predominante e o oceánico .
Factores do clima : A proximidade do mar e as
montañas
A cercanía do océano condiciona a presencia de
abundantes masas nubosas que proceden de alí , e que
xeran abundantes precipitacións.
Por outra parte tamén inflúe a altitude , xa que
canto máis alto e o relevo máis fría e a temperatura .
Pola diferente influencia do océano e pola
presencia ou non de altas montañas distinguinos catro
variedades do clima en Galicia
Clima oceánico típico. Dáse na costa .As temperaturas
son suaves e as chuvias abundantes .
Clima oceánico interior. Dase no interior das
provincias de Lugo e Ourense. Menos chuvias ca na
costa e temperatuas cálidas en verán e frías no
inverno.
Clima oceánico de matiz mediterraneo. Nos vales do
Miño e o Sil . Precipitacións baixas e temperaturas
altas no verán.
Clima de montaña: Nas Serras Orientais .
Temperaturas moi frías no inverno e suaves no verán.
Variedades climáticas de Galicia
Precipitacións anuais
A influencia do océano no clima de Galicia
Como pódes ver no mapa de arriba as
borrascas , sinaladas cunha
B , se orixinan de xeito
frecuente nesta parte do océano e se desplazan cara as
costas de Europa . Son masas de aire moi húmidas e
que por tanto traen moitas precipitacións . Sendo a
costa galega pola sua situación na península ibérica o
primeiro lugar da penúnsula e en moitas ocasións o
primeiro de Europa.
Instrumentos de medición do clima
Termómetro:
serve para medi-la
temperatura
Barómetro
: serve para medi-la presión do
aire
Catavento:
serve para medi-la dirección do
vento
Serve para medi-la cantidade
de precipitacións
Anemómetro:
serve para medi-la forza
do vento
Higrómetro:
serve para medi-la humidade
dun sitio
.
CLIMOGRAMAS
CLIMOGRAMAS
Un climograma é un gráfico que representa os
datos de temperaturas medias e de precipitacións
totais que se rexistraron nun lugar concreto durante un
período de tempo, normalmente un ano.
Elaboramos un climograma
Un climograma está composto por tres eixes, un
horizontal e dous verticais:
• No eixe horizontal sitúanse os doce meses do
ano.
Nun eixe vertical sitúanse as temperaturas, en
graos centígrados (°C). As temperaturas represéntanse
cunha liña.
Noutro eixe vertical colocanse as precipitacións,
en milímetros (mm).
As precipitacións represéntanse en forma de barras
e a temperatura nunha liña continua.
Comparando climogramas de diversas cidades
podes deducir que cidade e máis chuviosa que outra e
onde teñen unha temperatura media máis alta ou
baixa que outra.
Exemplo de climograma da Coruña . A taboa ao
lado do gráfico indica os valores numéricos das
temperaturas e precipitacións que despois aparecen
reflectidas nese gráfico .