GUÍA DAS ACTIVIDADES
Como realizar as actividades . Aspectos a ter en conta .
As actividades son exercicios sobre cada tema , de diversa dificultade .
Nalgúns casos teñen un temporizador que segundo acaba , pode dar lugar a volver a unha
páxina de repaso .
Na meirande parte dos exercicios, a partir dun número de intentos fallidos , pásase a esa
páxina de repaso .
Nas actividades nas que tes un botón en grande tes que pulsalo para
confirmar se podes avanzar ( avanzas se a resposta é correcta) ou non .
Nalgúns casos non hai nin temporizador nin contador de acertos e fallos . (sopas de letras,
colorea un debuxo…...etc) .
Na actividade de colorear un mapa debes levar o cursor sobre o cadro de referencia onde
están as cores , pulsar sobre un deles , e despois ir ao mapa para pintar onde proceda .
Os contidos dos exercicios pódense atopar no apartado CONTIDOS , do menú central da
páxina inicial de cada tema , ou ben pulsando na icona de cada actividade .
A icona sempre remíteche á páxina inicial desde calquera actividade .
A folla de avaliación á que accedes pulsando na icona permíteche ver , do exercicio
feito , como quedaches a nivel de tempo utilizado , puntos obtidos e intentos fallidos . Tendo en
conta que , como norma xeral , naqueles exercicios que si son avaliables , cada resposta correcta
suma un punto , e cada resposta incorrecta o resta .
O TEST final é unha avaliación xeral do tema , debes de facer ben os outros exercicios ,
antes de facelo.
Repasa ben os contidos antes de traballar cas actividades , e cando xa o teñas todo ben
repasado , e o TEST feito , podes ir á páxina de ampliación.
Mapa conceptual dunha pantalla de actividades (1) .
Mapa conceptual dunha pantalla de actividades (2) .
Botón para confirmar se a
resposta ou grupo de respostas é
correcto.