
As costas de Galicia e a actividade
pesqueira.
Galicia ten 1200 kilometros de costa .
A costa galega é recortada , con continuos entrantes e
saintes , que se manifestan en rías , esteiros , golfos e
cabos. O cabo Fisterra e o límite entre as Rías Altas e as
Rías Baixas. O cabo Estaca de Bares é o que separa a
vertente Atlántica da Cantábrica . O esteiro do Miño é o
límite costeiro entre Galicia e Portugal e a Ría de Ribadeo
entre Galicia e Asturias.
Este tipo de costa foi propicia para unha intensa
actividade humana ao longo do tempo . Desenvolvéronse
portos pesqueiros importantes . Hoxe , a pesca e o marisqueo
teñen nome propio na economía galega.
A actividade pesqueira ten as seguintes clases:
* Pesca de altura, practicada en lugares afastados de
Galicia e que captura maiormente bacallau e atún .
* Pesca de baixura , que se fai preto da costa , da que
obtemos , entre outros , sardiña e xurelo.
Pola súa banda, o marisqueo , sobre todo nas Rías Baixas ,
proporcionanos mexillóns, nécoras , ameixas, percebes....etc.