Page 3 - index
P. 3
Benvidos nenas e nenos,
achegádevos sen medo
heivos levar de paseo
imos xuntos ao museo.
Son un mouchiño pequeno
que se enche de alegría
ao vervos entrar tan ledos
e coa lección aprendida.
Nacín no maxín dun xenio
dende sempre acompañeino
durmindo nas caracochas
na cor dos seus pensamentos.
Benvidos nenos e nenas!!!!,
agarimos de mil plumas
para a xente interesada
no corazón de Quessada.
BENVIDA