Page 15 - Misterio na Curota
P. 15
Tanto lle gustou a tarta ao doutor Alérxeno que comeuna toda e empachou. E... xa sabedes, nenos e nenas, que cando
comes algo demasiado doce, a barriga comeza a doer. Pois iso mesmo lle pasou ao doutor Alérxeno. Despois da enchenta,
sentouse e comezou a sentirse moi pero que moi mal. Empezou a ter suores fríos, latexos fortes do corazón e non podía
respirar ben. Nese intre os nenos e nenas decatáronse de que o doutor Alérxeno era tamén alérxico!!! Era alérxico ao
chocolate!!!! Estaba sufrindo un ataque anafiláctico.
Nun primeiro momento pensaron en saír pitando pero… cando viron ao doutor Alérxeno tan maliño todos pensaron que non
podían abandonalo nese estado. Déronse conta de que o doutor Alérxeno tamén tiña o mesmo perigo que os seus
compañeiros de sufrir un ataque. Así que rapidamente a mestra chamou ao 112, tumbouno boca arriba, levantoulle as
pernas e sacando da súa mochila aquel remedio, chamado adrenalina, que ía salvar a súa vida inxectoullo na perna. Pouco a
pouco o doutor Alérxeno foise atopando mellor.