O ESCUDO
O escudo
de Galicia ten un fondo azul cun cáliz dourado, unha hostia de prata
enriba del e sete cruces de prata arredor, tres a cada un dos lados do
cáliz e unha enriba da hostia. As sete cruces simbolizan as sete
antigas cidades galegas. Hai quen di que as sete cruces simbolizan as
sete antigas provincias de Galicia; a saber: Santiago, Betanzos,
Mondoñedo, Tui, Lugo, Ourense e A Coruña. Na parte superior do escudo
atópase a coroa real.
Logo da nova división
territorial de España en 1833, as provincias galegas modificaron o seu
número e límites e Galicia quedou dividida nas 4 actuais provincias.
Cada provincia tamén ten o seu escudo, así como os concellos, etc.

A Coruña
|

Lugo
|

Escudo de Galicia.
|

Ourense
|

Pontevedra
|
Como podedes observar, a bandeira de Galicia é de cor branca cunha banda azul que a cruza diagonalmente desde o ángulo superior esquerdo ata o inferior dereito.
O Estatuto de Autonomía establece que nos actos e máis nos edificios oficiais deberá ondear a bandeira co seu escudo no centro.
Esta bandeira foi creada a
finais do século XIX polos galeguistas históricos do Rexurdimento e
consolidada pola Xeración Nós como insignia nacional.
Bandeira de Galicia.
O HIMNO
O himno
de Galicia estreouse na cidade da Habana en 1907. A maioría dos
partidos políticos asumírono na campaña electoral de 1977. A primeira
gravación da que se ten constancia realizouna o Coro Cantigas e Aturuxos de Lugo en 1918.
O texto do himno é froito da correspondencia que mantiveron Eduardo Pondal e Pascual Veiga (autor da música) en 1890,
no que o compositor lle solicitaba ao escritor un texto para unha
partitura que ía presentar con motivo dun certame que ía elixir o mellor
himno galego para o caso que o premio resultase deserto. Logo de varias
redaccións envioulle un primeiro texto que titulou "Breogán". Pascual Veiga solicitoulle algúns cambios na acentuación para adaptalo ritmicamente á música.
A letra do himno fala da necesidade de que o pobo galego esperte do seu sono e comece o camiño cara á liberdade.

Eduardo Pondal e Pascual Veiga, autores da letra e da música do himno galego.
HIMNO GALEGO
Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan.
Non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son.
Máis só os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán.
Pois, onde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.
Nazón de Breogán, de Breogán!
Nazón de Breogán, de Breogán!