Stop motion is an animation technique where individually frames are photographed. The camera is repeatedly stopped and started, one frame at a time. While the camera was stopped an animator would adjust the figure or object the camera was pointing at, moving them in increments. Eventually, when all the frames are played in sequence it shows the impression of movement.
O Stop motion
Con esta técnica de animación poderás darlle vida aos teus proxectos, só necesitas unha cámara de fotos. Se non tes, serve a do teu móbil ou tablet, coa vantaxe de que dispós de software gratuíto para estes dispositivos e dun ordenador para editar a animación.
Nos comezos do cine xa se utilizaba esta técnica para crear os efectos especiais, como na mítica película de “King Kong" de 1933. Se queres converterte nun auténtico experto o primeiro que debes ter é unha boa historia, para despois transformala nun guión gráfico ou story board e decidir con que tipo de material vas construíla. Podes utilizar recortes de papel, crear as vosas propias ilustracións e animalas. A esta variante do stop motion chámaselle "Cut Out", e foi empregada por Lotte Reiniger (en 1922 para a súa "Cincenta"), sendo a primeira muller animadora da historia e a creadora de marabillosos mundos imaxinarios tan só cunhas tesoiras e cartolinas.
Se prefires o tridimensional emprega a plastilina ou materiais que poidan ser moldeables. A esta técnica chámaselle "Clay Animation". Para crear os teus personaxes é moi recomendable que primeiro realices unha estrutura estable e flexible en arame, que irá dentro dos corpos dos bonecos, para que se poidan mover aos poucos en cada nova fotografía e non se deformen.
Se no voso stop motion utilizas calquera obxecto que se poida mover ou desprazar esta variante recibe o nome de "Pixilation".
A técnica
Fotografiando
Para conseguir o desexado movemento necesitas sacar moitas fotos dun obxecto que previamente terás movido a pequenos intervalos, recorda que 24 imaxes é un segundo de animación, pero con 9 tamén podemos conseguir movemento, aínda que non tan fluído.
Non só os personaxes son os que se moven no escenario, todo pódese mover. Para iso debedes planificar con antelación cada movemento nos planos do voso story, as nubes, as árbores ou mesmo o cabelo pódese mover, dándolle máis calidade ao traballo.


