Blender is a complete software product used for working with 3D objects. You can modeling, rendering, make animations and simulations, post production and interactive game creation. It’s free to use for any purpose and open-source and it’s available for Microsoft Windows, Mac OSX and Linux operating systems and you can even run it from a folder without having to physically install it on a computer.
¿Qué é Blender?
O programa Blender é unha aplicación que podes usar para traballar con obxectos tridimensionais. Con este software podes modelar sólidos, asignarlles materiais realistas, facer animacións con eles, crear películas e mesmo deseñar xogos interactivos. É un programa gratuíto, de código aberto que podes instalar no teu ordenador ou, se así o desexas, executalo dende unha carpeta externa.
Cando abrimos o programa observamos a interface de usuario formada por un conxunto de fiestras. Aínda que a disposición destas é moi flexible e personalizable, podemos resumir e simplificar as máis importantes para acadar unha idea do que Blender nos ofrece e perderlle así o medo á aplicación.
A interface e as fiestras
Na parte superior encóntrase a "fiestra de información" con diversos menús e ferramentas. No centro da pantalla vemos a "ventá 3D con dous posibles paneis amontoables a esquerda e dereita. Na zona inferior temos a "ventá timeline" que representa a cuarta dimensión ou liña de tempo. Na marxe dereita aparecen outras dúas ventás principais, unha enriba doutra: a "ventá outliner" cunha árbore xerárquica dos obxectos da escena, e a "ventá parámetros".
Como podes apreciar, cada ventá é independente e ten unha cabeceira que pode estar na parte superior ou inferior. En todo momento podes cambiar o tamaño e proporción das ventás ao teu gusto ou dividir estas para crear novas ventás.




