Páxina web moi completa sobre o cine de animación realizada por Enrique Martínez Salanova Sánchez, nacido en Logroño. É profesor, pedagogo, antropólogo e tecnólogo da Educación, edu-comunicador, escritor e debuxante.
Interesante páxina web con libros e software de animación en inglés.
Recopilatorio de “métodos de optimización para proxectos 3D". Un proxecto de tese da carreira de Comunicación Multimedia da Universidade do Pacífico, un traballo do equipo composto por Daniel Alvarado, Sebastián Varría, Roberto Cordella e Andrés Lechuga.
Páxina en inglés con leccións e noticias sobre animación do profesional Larry Lauria, que é un galardonado animador, director e profesor. A súa carreira abarca 35 anos de animación. Foi xefe de animación en Disney, educador de renombre e experto en currículo como o coordinador do curso e instrutor na Escola Europea de Animación en Dublín, Irlanda (unha das tres principais escolas de animación do mundo).
Páxina en inglés sobre Stop Motion do profesional Lionel Ivan Orozco natural de San Francisco.
Citoplasmas é unha productora de animación Stop Motion con base en Barcelona e Alacante. Realizan producións propias con plastilina, látex, bonecos, pixelación, recortables e debuxos.
Espazo web sobre animación Stop Motion, noticias, comentarios, software, foro, blog. Está ao día coas últimas tendencias de animacións para nenos, educación e outras áreas. Iniciado no 2008 para dinamizar a escena da animación Stop Motion en liña.
Exemplo dunha sinxela páxina en inglés sobre a animación Stop Motión, creación, historia e xogos realizada por catro estudantes de “Van Brunt Middle School”. Atópase dentro desta fantástica web de recursos sobre animación e cine creados todos por alumnos (ThinkQuest Competition).