2.2.2 Esforzos que soportan os elementos das estruturas
Os elementos dunha estrutura deben soportar o seu propio peso e ademais outras forzas e cargas que actúan sobre eles. Isto orixina esforzos neles, que vemos de contado.
Tracción
-
Son forzas que tenden a estirar o elemento.
Os tirantes están sempre sometidos a traccións nas estruturas, como nas pontes, guindastres, antenas…

Compresión
-
Son esforzos que tenden a comprimir o elemento.
Os piares e columnas soportan esforzos de compresión

Cisalla ou cortadura
-
Prodúcese cando se aplican forzas perpendiculares ao elemento que tenden a rompelo.
O puntos de apoio das trabes están sometidas a este tipo de esforzos.

Flexión
-
É unha combinación de tracción e compresión.
No exemplo a parte superior do elemento estira (aumenta a lonxitude) polo esforzo de tracción, e a inferior diminúe polo esforzo de compresión. Un andel con libros está sometido a un esforzo de flexión.

Torsión
-
Os esforzos de torsión son os que fan retorcer a unha peza arredor do seu eixe central.
Os eixes, as manivelas e os cegoñais están sometidos a esforzos de torsión.


Actividade resolta
Analice o tipo de esforzos a que están sometidos os elementos das estruturas:
-


a) Figura da esquerda. O elemento horizontal está sometido a tracción; os inclinados a compresión.
b) O tirante inclinado está sometido a tracción, e o elemento azul horizontal a compresión.
Experiencia práctica
-
Coa serra de marquetaría constrúa a peza que amosa a figura con cortiza ou outro material flexible, e apóiea en dous soportes:
Exerza unha forza vertical cara a abaixo no centro da peza.
Como cambia a separación entre os dentes superiores? Diminúe.
Como cambia a distancia entre os dentes da parte inferior? Aumenta.
A que tipo de esforzo estamos sometendo a peza? A unha flexión.
Pegue unha tira de papel na parte superior e outra na inferior (ve a figura) e repita a experiencia.
Explique o que ocorre agora.
A tira de papel inferior impide que os dentes inferiores se separen, daquela a peza enteira defórmase moito menos.
Actividades propostas
S15. Determine o tipo de esforzo ao que están sometidos os elementos seguintes; no caso de que sexan varios, escolla o máis importante
S16. Determine a que tipo de esforzo están sometidas as barras grises nestes casos (sexa coidadoso cos acentos e coas maiúsculas):
- Tracción
- Flexión
- Compresión
![]() |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0

