Saltar navegación

2.1.1 Efectos das forzas sobre os corpos

Deformar un corpo

Unha forza pode cambiar a forma ou o tamaño dun corpo:

 Arame recto

Arame recto

Fecéndomos forza…

O arame cambia de forma 

O arame cambia de forma

 Goma elásticaGoma elástica

Fecéndomos forza…

 A goma cambia de tamaño

A goma cambia de tamaño

Cambiar a velocidade dun corpo

Unha forza pode modificar a velocidade dun móbil de tres formas:

  • Cambiando o valor numérico da velocidade: é dicir, facendo ir o corpo máis rápido ou máis lento. Se queremos que un coche aumente a velocidade, algo ten que facer forza sobre el; se queremos deter un balón, tamén temos que facer forza sobre el. Se non se fai forza ningunha, os corpos seguen a moverse coa mesma velocidade que tiñan.
 valor numérico da velocidade
  • Cambiando a dirección da velocidade: é dicir, curvando a traxectoria. Se un corpo está en movemento, a súa traxectoria será rectilínea, agás que fagamos forza sobre el. Cando empurramos un carriño da compra moi cargado no supermercado, facelo ir dereito é doado, pero se queremos dobrar unha esquina hai que facer moita forza sobre el.

dirección da velocidade

  • Cambiando o sentido do movemento: como cando unha pelota rebota contra unha parede ou cando a golpeamos cunha raqueta.

sentido do movemento

 

 

Actividade resolta

Indique en que casos podemos asegurar que actúa algunha forza:

  • Unha moto aumenta a velocidade de 50 km/h a 70 km/h.

Hai forza sobre a moto xa que a súa velocidade aumenta. Se non houbese forza a velocidade non podería aumentar.

  • Comprimimos un resorte.

Actúa forza sobre o resorte porque se deforma.

  • Un coche colle unha curva a 45 km/h.

Malia non cambiar o módulo da velocidade (45 km/h), a dirección do movemento si (a traxectoria é curva). Daquela actúa algunha forza sobre o coche

  • Unha pedra caendo logo de soltala no aire.

A pelota cae cada vez máis rápido porque a Terra tira dela cara a abaixo: hai forza actuando sobre a pelota

  • A Lúa dando voltas arredor da Terra.

A traxectoria da Lúa é curvilínea, logo o planeta Terra ten que facer algunha forza sobre a Lúa. Se a Terra non a fixese, a Lúa moveríase en liña recta

  • Dobramos unha chapa de aluminio.

Hai forza, xa que o aluminio se deforma.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0