2.6.3 Sistemas de control de calidade na fabricación de produtos industriais
A calidade dun produto vén determinada polas características deste que o usuario poida recoñecer como idóneas para o seu uso.
Sistemas de control de calidade
Un sistema de control de calidade é un conxunto de procedementos (avaliacións, inspeccións, auditorías e revisións) que aseguren que se cumpran as responsabilidades asignadas, se utilicen eficientemente os recursos e se logre o cumprimento dos obxectivos do produto. Ten a intención de manter baixo control o proceso produtivo eliminando as causas dos defectos nas fases do ciclo de vida dun produto. A súa aplicación supón un control dos recursos e, xa que logo, un aumento da produtividade, unha maior calidade e a redacción de custos.
O control da calidade realízase mediante un programa de control que incide especialmente en tres aspectos (vésase o método de proxecto): a calidade de deseño, a calidade de fabricación e a calidade de funcionamento.
- Calidade de deseño: analiza as especificacións que definen o produto, especificacións que deben de responder ás necesidades do usuario.
- Calidade de fabricación: controla os procesos de produción (materiais e ferramentas, proceso de fabricación e pezas rematadas).
- Calidade de funcionamento: por unha banda mide a calidade do produto acabado (dispoñibilidade, fiabilidade e mantemento) e por outra, analiza o comportamento do produto no mercado.
Actividade resolta
Imaxine que ten que planificar o control da calidade dun proxecto que se vai realizar. Que tipo de control establecería en cada fase do proceso e con que fin?
|
Fase |
Control |
Finalidade |
|
– Calidade de deseño |
Comprobar a necesidade da fabricación. |
|
– Calidade de deseño |
Comprobar que as especificacións do obxecto responden ás necesidades do usuario. |
|
– Calidade de fabricación |
Comprobar a viabilidade do proceso produtivo. |
|
– Calidade de fabricación |
Comprobar a correcta fabricación do produto seguindo as especificacións. |
|
– Calidade de funcionamento |
Comprobar a calidade final do produto e o seu comportamento no mercado. |