Saltar navegación

2.2.2 Esforzos que soportan os elementos das estruturas

Os elementos dunha estrutura deben soportar o seu propio peso e ademais outras forzas e cargas que actúan sobre eles. Isto orixina esforzos neles, que vemos de contado.

Tracción

Son forzas que tenden a estirar o elemento.

Os tirantes están sempre sometidos a traccións nas estruturas, como nas pontes, guindastres, antenas…

 Tracción

Compresión

Son esforzos que tenden a comprimir o elemento.

Os piares e columnas soportan esforzos de compresión

 Compresión

Cisalla ou cortadura

Prodúcese cando se aplican forzas perpendiculares ao elemento que tenden a rompelo.

O puntos de apoio das trabes están sometidas a este tipo de esforzos.

   

Flexión

É unha combinación de tracción e compresión.

No exemplo a parte superior do elemento estira (aumenta a lonxitude) polo esforzo de tracción, e a inferior diminúe polo esforzo de compresión. Un andel con libros está sometido a un esforzo de flexión.

   

Torsión

Os esforzos de torsión son os que fan retorcer a unha peza arredor do seu eixe central.

Os eixes, as manivelas e os cegoñais están sometidos a esforzos de torsión.

   

 

 

Actividade resolta

Analice o tipo de esforzos a que están sometidos os elementos das estruturas:

   

a) Figura da esquerda. O elemento horizontal está sometido a tracción; os inclinados a compresión.

b) O tirante inclinado está sometido a tracción, e o elemento azul horizontal a compresión.

Experiencia práctica

Coa serra de marquetaría constrúa a peza que amosa a figura con cortiza ou outro material flexible, e apóiea en dous soportes:

 

Exerza unha forza vertical cara a abaixo no centro da peza.

Como cambia a separación entre os dentes superiores? Diminúe.

Como cambia a distancia entre os dentes da parte inferior? Aumenta.

A que tipo de esforzo estamos sometendo a peza? A unha flexión.

Pegue unha tira de papel na parte superior e outra na inferior (ve a figura) e repita a experiencia.

Explique o que ocorre agora.

A tira de papel inferior impide que os dentes inferiores se separen, daquela a peza enteira defórmase moito menos.

 

 

 

Actividades propostas

 S15.        Determine o tipo de esforzo ao que están sometidos os elementos seguintes; no caso de que sexan varios, escolla o máis importante

 

  • O cable dun guindastre:

  • A trabe nunha casa:

  • O extremo do trampolín dunha piscina:

  • A chave dentro da fechadura ao intentarmos xirala:

  • O fémur (óso da perna) cando está de pé:

  • A columna dun edificio:

  • As zapatas dun edificio:

  • Un parafuso cando o estamos apertando:

  • E os cables da ponte de Rande, sobre a ría de Vigo:

 rande

Habilitar JavaScript

S16.        Determine a que tipo de esforzo están sometidas as barras grises nestes casos  (sexa coidadoso cos acentos e coas maiúsculas):

  • Tracción
  • Flexión
  • Compresión
 pregunta
 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0