Consumo, xuros e porcentaxes
2.2.1 Tanto por cento correspondente a unha proporción
Nunha poboación de 5 000 persoas, 800 len o xornal a diario. Que porcentaxe do total representan?
Este é un caso relativamente frecuente de cálculo de porcentaxes. Temos que calcular, de cada 100 persoas, cantas len o xornal, para expresar a porcentaxe.
Leu o xornal o 16 % do total.
Actividade resolta
Que porcentaxe representa 10,5 de 70?
-
Solución
Faremos 10,5/70 = 0,15. Será polo tanto o 15 %. Daquela, 10,5 é o 15 % de 70
Actividades propostas
S5. Na nosa aula somos 34 e 12 son mulleres, que porcentaxe representan?
S6. Se unha pelota custa 16 euros e nos fan un desconto de dous euros, cal é a porcentaxe descontada?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0