Saltar navegación

2.6.3 Sistemas de control de calidade na fabricación de produtos industriais

A calidade dun produto vén determinada polas características deste que o usuario poida recoñecer como idóneas para o seu uso.

Sistemas de control de calidade

Un sistema de control de calidade é un conxunto de procedementos (avaliacións, inspeccións, auditorías e revisións) que aseguren que se cumpran as responsabilidades asignadas, se utilicen eficientemente os recursos e se logre o cumprimento dos obxectivos do produto. Ten a intención de manter baixo control o proceso produtivo eliminando as causas dos defectos nas fases do ciclo de vida dun produto. A súa aplicación supón un control dos recursos e, xa que logo, un aumento da produtividade, unha maior calidade e a redacción de custos.

O control da calidade realízase mediante un programa de control que incide especialmente en tres aspectos (vésase o método de proxecto): a calidade de deseño, a calidade de fabricación e a calidade de funcionamento.

  • Calidade de deseño: analiza as especificacións que definen o produto, especificacións que deben de responder ás necesidades do usuario.
  • Calidade de fabricación: controla os procesos de produción (materiais e ferramentas, proceso de fabricación e pezas rematadas).
  • Calidade de funcionamento: por unha banda mide a calidade do produto acabado (dispoñibilidade, fiabilidade e mantemento) e por outra, analiza o comportamento do produto no mercado.

Actividade resolta

Imaxine que ten que planificar o control da calidade dun proxecto que se vai realizar. Que tipo de control establecería en cada fase do proceso e con que fin?

Fase

Control

Finalidade

  •  Presentación do problema

–     Calidade de deseño

Comprobar a necesidade da fabricación.

  •  Deseño e elección

–     Calidade de deseño

Comprobar que as especificacións do obxecto responden ás necesidades do usuario.

  •  Planificación

–     Calidade de fabricación

Comprobar a viabilidade do proceso produtivo.

  •  Construción

–     Calidade de fabricación

Comprobar a correcta fabricación do produto seguindo as especificacións.

  •  Comercialización

–     Calidade de funcionamento

Comprobar a calidade final do produto e o seu comportamento no mercado.