2.1.1 Efectos das forzas sobre os corpos
Deformar un corpo
Unha forza pode cambiar a forma ou o tamaño dun corpo:
-

Arame recto
Fecéndomos forza…
O arame cambia de forma
-
Goma elástica
Fecéndomos forza…

A goma cambia de tamaño
Cambiar a velocidade dun corpo
Unha forza pode modificar a velocidade dun móbil de tres formas:
- Cambiando o valor numérico da velocidade: é dicir, facendo ir o corpo máis rápido ou máis lento. Se queremos que un coche aumente a velocidade, algo ten que facer forza sobre el; se queremos deter un balón, tamén temos que facer forza sobre el. Se non se fai forza ningunha, os corpos seguen a moverse coa mesma velocidade que tiñan.
- Cambiando a dirección da velocidade: é dicir, curvando a traxectoria. Se un corpo está en movemento, a súa traxectoria será rectilínea, agás que fagamos forza sobre el. Cando empurramos un carriño da compra moi cargado no supermercado, facelo ir dereito é doado, pero se queremos dobrar unha esquina hai que facer moita forza sobre el.

- Cambiando o sentido do movemento: como cando unha pelota rebota contra unha parede ou cando a golpeamos cunha raqueta.

Actividade resolta
Indique en que casos podemos asegurar que actúa algunha forza:
-
-
Unha moto aumenta a velocidade de 50 km/h a 70 km/h.
Hai forza sobre a moto xa que a súa velocidade aumenta. Se non houbese forza a velocidade non podería aumentar.
-
Comprimimos un resorte.
Actúa forza sobre o resorte porque se deforma.
-
Un coche colle unha curva a 45 km/h.
Malia non cambiar o módulo da velocidade (45 km/h), a dirección do movemento si (a traxectoria é curva). Daquela actúa algunha forza sobre o coche
-
Unha pedra caendo logo de soltala no aire.
A pelota cae cada vez máis rápido porque a Terra tira dela cara a abaixo: hai forza actuando sobre a pelota
-
A Lúa dando voltas arredor da Terra.
A traxectoria da Lúa é curvilínea, logo o planeta Terra ten que facer algunha forza sobre a Lúa. Se a Terra non a fixese, a Lúa moveríase en liña recta
-
Dobramos unha chapa de aluminio.
Hai forza, xa que o aluminio se deforma.
-
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0
