Saltar navegación

2.2.4 Solucións dunha ecuación e puntos de corte co eixe OX

 

Na figura está representada a gráfica dunha certa función f(x). Fíxese en que nos puntos en que a curva corta o eixe OX a coordenada y vale cero, é dicir, nestes puntos ocorre que f(x) = 0 e, daquela, os valores da coordenada x son as solucións da ecuación f(x) = 0. No caso da función da figura as solucións son x = - 4, x = - 3 e x = 1: a ecuación ten tres solucións.

 

Coas funcións cuadráticas ocorre igual. Vexamos algúns exemplos.

  • Exemplo 1. f(x) = y = 2x2 - 4x - 6.

Nos puntos de corte co eixe OX pasa que 2x2 - 4x - 6 = 0; a solución desta ecuación é:

A ecuación ten dúas solucións, así que a parábola ten que ter dous puntos de corte co eixe OX: son os puntos (-1,0) e (3,0). Compróbeo vendo a gráfica da función:

 

y = 2x2 - 4x - 6

 

x

y

- 3

14

- 2

10

- 1

0

0

- 6

1

- 8

2

- 6

3

0

4

10

 

  • Exemplo 2. Fagamos o mesmo coa función y = 3/2x2 + 6x + 6.

Primeiro resolvemos a ecuación asociada, 3/2x2 + 6x + 6 = 0.

 

Só hai unha solución (ou dúas iguais), polo tanto a parábola corta ao eixe OX nun único punto. Fíxese na gráfica desta parábola:

 

y = 3/2 x2 + 6x + 6

 

x

y

- 4

6

- 3

3/2

- 2

0

- 1

3/2

0

6

1

27/2

 

  • Exemplo 3. Por último, unha parábola que non corta o eixe OX: y = x2 + 2x + 5.

Achamos os puntos de corte resolvendo a ecuación.

O discriminante é negativo así que non ten solucións, logo non hai puntos de corte co eixe OX. Fíxese como é a gráfica da parábola:

 

y = x2 + 2x + 5

 

x

y

- 4

13

- 3

8

- 2

5

- 1

4

0

5

1

8

2

13

 

 Resolución gráfica de ecuacións de segundo grao con coeficientes entre -10 e 10

 Compartida por gilprofeluisa - LicenciaCC-BY-SAGeoGebra Terms of Use

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0