2.1 Niveis de organización do corpo humano
Ao longo do lento proceso da evolución biolóxica, a materia viva organizouse desde os estados máis simples (chamados niveis abióticos) ata outros máis complexos chamados niveis bióticos, exclusivos dos seres vivos.
Os seres humanos estamos organizados en niveis de complexidade crecente ata a categoría de organismo e cada nivel contén os compoñentes dos niveis precedentes.
|
Niveis abióticos |
– Os átomos son as unidades máis sinxelas da materia. Neste nivel inclúense os elementos químicos que forman parte dos seres vivos, por exemplo: carbono, osíxeno, hidróxeno, nitróxeno, etc. |
![]() |
|
– As moléculas están formadas pola agrupación de átomos; estas poden ser moi simples, como o auga, H2O, que tamén forman parte da materia inerte, ou moléculas moi complexas propias dos seres vivos: proteínas, vitaminas, ácidos nucleicos,etc. – A este nivel tamén pertencen os orgánulos celulares como as mitocondrias. |
![]() |
|
|
![]() |
|
||
|
Niveis bióticos |
– A célula é a unidade vital dos seres vivos. |
![]() |
|
– As células asócianse para realizaren un traballo determinado e forman os tecidos: epitelial, muscular, nervioso,etc. – Os tecidos agrúpanse en órganos con funcións específicas, por exemplo: corazón, riles, ovarios, pulmóns, etc. – Un grupo de órganos que cooperan para exercer unha función vital forma un aparello ou sistema: dixestivo, excretor, locomotor, etc. – Aparellos e sistemas colaboran en coordinación perfecta, e conforman o funcionamento do corpo humano. |
![]() |
![]() |
|
![]() |
|||
Actividade resolta
Diferencie entre os niveis abióticos e bióticos dos seres humanos.
|
Solución |
Os niveis abióticos son aqueles que conforman tanto a materia viva como a inerte, e abranguen o nivel atómico e molecular. Os niveis bióticos son exclusivos dos seres vivos. |
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0






