2.9.1 Masa de soluto por volume de disolución (g/L)
Calcúlase dividindo a masa do soluto disolvida entre o volume da disolución resultante (non o volume do disolvente!).
Exemplo: disolvemos 30 g de azucre en auga, resultando 250 mL de disolución.

Este resultado indica que en cada litro de disolución hai disolvidos 120 g de azucre. Non debemos confundir a concentración coa cantidade total de disolución. Fíxese na seguinte actividade.
Actividades resoltas
A auga de mar, na nosa costa, ten aproximadamente 30 g de sal por litro. Temos medio litro de auga de mar nunha botella.
- Cantos gramos de sal hai na botella?
-
Podemos achalo empregando unha proporción (regra de tres directa):
- Repartimos a auga da botella en dous vasos, un grande e outro pequeno. En cal hai máis disolución? En cal hai máis sal? En cal deles a disolución está máis concentrada?
-
Solución
a) Hai máis volume de disolución no vaso grande.
b) Hai máis gramos de sal no vaso grande.
c) É a mesma nas disolucións dos dous vasos, xa que a proporción de sal a auga é a mesma nas dúas.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0