Saltar navegación

7. Glosario

A

  • Aspirina

O ácido acetilsalicílico (AAS) (aspirina) é un fármaco antiinflamatorio non esteroideo (AINE) do grupo dos salicilatos. É frecuentemente como antiinflamatorio, analxésico e antipirético (contra a febre) e antiagregante plaquetario indicado para persoas con alto risco de coagulación sanguínea. Antigamente obtíñase da codia de árbores como o salgueiro (salix).

  • Avogadro

Amedeo Avogadro (Lorenzo Romano Amedeo Carlo Avogadro), Conde de Quaregna e Cerreto, (*Turín, 9 de agosto de 1776 - † Turín, 9 de xullo de 1856). Foi un físico e químico italiano, profesor de Física na universidade de Turín. Formulou a chamada Lei de Avogadro, que di que volumes iguais de gases distintos (baixo as mesmas condicións de presión e temperatura) conteñen igual número de partículas. Avanzou no estudo e desenvolvemento da teoría atómica, e na súa honra déuselle o seu nome ao número de Avogadro.

  • Axustar

Determinar cantas moléculas de cada substancia interveñen nunha reacción química, de xeito que o número de átomos de cada elemento sexa igual antes que despois da reacción.

C

  • Cambio físico

Cambio que deixa inalterada a natureza das substancias. Estas seguen sendo as mesmas antes que despois do cambio.

  • Cambio químico

Nun cambio químico as substancias iniciais e as finais logo do cambio non son as mesmas.

  • Coeficiente estequiométrico

Número que indica cantas moléculas de cada substancia reaccionan.

E

  • Electrólise

Reacción química provocada pola acción da electricidade en forma de corrente continua.

  • Endotérmica

Reacción química na que se absorbe calor do exterior.

  • Exotérmica

Reacción na que se desprende calor ao exterior.

G

  • Glícido

Os glícidos, carbohidratos, hidratos de carbono ou sacáridos (do grego σάκχαρον que significa "azucre") son moléculas orgánicas compostas por carbono, hidróxeno e osíxeno. Son solubles en auga e son a forma biolóxica primaria de almacenamento e consumo de enerxía

M

  • Mol

Un mol é un número de obxectos igual ao número de Avogadro, isto é, 6.1023 obxectos.

P

  • Produtos

Substancias resultantes logo dunha reacción química.

R

  • Reacción química

Proceso no que unhas substancias iniciais se transforman noutras substancias diferentes.

  • Reactivos

Substancias que hai inicialmente antes de que ocorra a reacción química.

U

  • uma

Unidade de Masa Atómica. É unha pequena unidade de masa, axeitada para medir masas tan pequenas como as dos átomos. Unha uma equivale a 1,66.10-24 gramos.

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0