6.2 Solucións das actividades complementarias
S18
-
Afirmación
Físico ou
Químico
Xustificación
-
Conxelación do líquido refrixerante do coche.
Físico
O líquido segue sendo a mesma substancia
-
Disolución do azucre no café con leite.
Físico
O azucre segue sendo azucre
-
Evaporación dun perfume.
Físico
O perfume só pasa de líquido a vapor, segue sendo o mesmo perfume e a mesma molécula
-
Elaboración de maionesa a partir de aceite e ovo.
Físico
Fórmase unha emulsión (un tipo de disolución) do ovo no aceite, pero seguen sendo ovo e aceite.
-
Fotosíntese nas plantas.
Químico
Prodúcense novas substancias na fostosíntese
-
Acender unha cociña de vitrocerámica.
Físico
Unha resistencia aumenta a temperatura, pero non se produce ningunha nova substancia
-
Pasarlle o ferro á roupa.
Físico
A roupa non cambia a súa composición química.
-
Acender unha cociña de gas.
Químico
Na combustión do gas xéranse novas substancias
-
Escurecemento dunha mazá que se acaba de pelar.
Químico
Prodúcese a oxidación de substancias da mazá.
-
Dilatación da ponte de Rande pola calor.
Físico
Os materiais da ponte non cambian de composición
-
Tomar bicarbonato nunha pesada dixestión.
Químico
O bicarbonato reacciona co ácido do estómago e produce novos gases, novas substancias
-
Remexer un ovo fritido cunha culler de prata (ponse negra!).
Químico
O xofre do ovo reacciona coa prata e forma sulfuro de prata negro.
-
S19
-
Reacción proposta:
Reacción axustada:
C2H6 + O2 → CO2 + H2O
2 C2H6 + 7 O2 → 4 CO2 + 6 H2O
Fe2O3 + C → Fe + CO2
2 Fe2O3 + 3 C → 4 Fe +3 CO2
PCl3 + H2O → HCl + H3PO3
PCl3 + 3 H2O → 3 HCl + H3PO3
NO3Na + CaCl2 → Ca(NO3)2 + NaCl
2 NO3Na + CaCl2 → Ca(NO3)2 + 2 NaCl
Mg(OH)2 + HNO3 → Mg(NO3)2 + H2O
Mg(OH)2 + 2 HNO3 → Mg(NO3)2 + 2 H2O
P4 + O2 → P2O5
P4 + 5 O2 → 2 P2O5
Pb(NO3)2 + KI → KNO3 + PbI2
Pb(NO3)2 + 2 KI → 2 KNO3 + PbI2
KNO3 → K2O + N2 + O2
2KNO3 → K2O + N2 + 5/2 O2
ZnS + O2 → ZnO + SO2
ZnS + 3/2 O2 → ZnO + SO2
C2H5OH + O2 → CO2 + H2O
C2H5OH + 3 O2 → 2 CO2 +3 H2O
C6H12O6 + O2 → CO2 + H2O
C6H12O6 + 6 O2 →6 CO2 + 6 H2O
Fe + Br2 → FeBr3
2 Fe + 3 Br2 → 2 FeBr3
S20
Primeiro axustamos a reacción: 2 C2H6 + 7 O2 → 4 CO2 + 6 H2O
No debuxo da reacción observamos que nos reactivos hai 2 moléculas de C2H6 e 7 moléculas de O2, o que é correcto, pero nos produtos faltan moléculas: faltan por debuxar 3 moléculas máis de CO2 e 5 moléculas máis de auga H2O.
S21
É falso porque a masa dos produtos é 45 + 85 = 130 gramos entanto que a masa dos reactivos é 10 gramos, non son iguais as dúas masas, daquela non pode ser certo.
S22
a) No sistema periódico dos elementos vemos que a masa atómica do ouro (Au) é 196,97 umas. Polo tanto un mol de ouro son 196,97 gramos, e para saber cantos átomos son, facemos unha proporción (regra de tres):

b) Primeiro calculamos cantos gramos son un mol de Cl2O3: 2x35,45 + 3x16,00 = 118,9 g cada mol. Entón:

S23
-
Afirmación
V / F
-
Cando reaccionan 2 g de C2H2 con 5 g de O2 obtéñense 4 g de CO2 e 2 g de auga.
Falso. A masa dos produtos non é igual a masa dos reactivos.
-
Por cada molécula de C2H2 que reacciona fórmase unha molécula de auga.
Verdadeiro
-
Por cada dous moles de C2H2 que reaccionan consúmense cinco moles de osíxeno.
Verdadeiro
-
Para obter oito moles de dióxido de carbono hai que queimar oito moles de C2H2.
Falso. Hai que queimar 4 moles de C2H2
-
S24. Verdadeiro ou falso? En todas as reaccións químicas...
-
Afirmación
V / F
-
... despréndese calor”.
Falso
-
... consérvase constante a masa”.
Verdadeiro
-
... consérvase constante o número de moles”.
Falso
-
... consérvase constante o número de átomos”.
Verdadeiro
-
... reorganízanse os enlaces entre os átomos”.
Verdadeiro
-
S25. Antes temos que calcular a masa molar de cada composto:
M (AuCl3) = 196,97 + 3x35,45 = 303,32 gramos cada mol de AuCl3
M (Au2O3) = 196,97x2 + 3x16,00 = 441,94 gramos cada mol de Au2O3.
- Agora calculamos cantos gramos de ouro hai en cada composto:

Daquela extraeremos máis ouro do segundo composto.
S26.
a) NH4NO3 → H2O + N2 + O2
Os nitróxenos están xa axustados, daquela axustamos os hidróxenos:
NH4NO3 → 2 H2O + N2 + O2 Agora axustamos os osíxenos:
NH4NO3 → 2 H2O + N2 + 1/2 O2 (podemos deixar o coeficiente 1/2 así; tamén podería vostede, se quere, multiplicar todos os coeficientes estequiométricos por 2: a reacción seguirá estando ben axustada).
-
NH4NO3 → 2 H2O + N2 (gas) + 1/2 O2 (gas)
-
Moles
1 mol
→
2 moles
1 mol
0.5 mol
-
Gramos
80,05 g
36,03 g
28,01 g
16,00 g
-
Litros
--
--
22.4 L
11,2 L
-
b)

c)

S27
a)
Primeiro axustamos os carbonos: C6H12O6 + O2 → 6 CO2 + H2O
Deseguido axustamos os hidróxenos: C6H12O6 + O2 → 6 CO2 + 6 H2O
Por último axustamos os osíxenos: C6H12O6 + 6 O2 → 6 CO2 + 6 H2O
b)
-
C6H12O6 + 6 O2 → 6 CO2 + 6 H2O
-
Moles
1 mol
6 mol
→
6 mol
6 mol
-
Gramos
180.16 g
192 g
264,07 g
108,10 g
-


S28
a) Non está axustada aínda. Axustámola:
Axustamos os átomos de carbono: C3H8 + O2 → 3 CO2 + H2O
Axustamos os hidróxenos: C3H8 + O2 → 3 CO2 + 4 H2O
Axustamos os osíxenos. Hai 10 osíxenos nos produtos, así que pomos 5 no O2:
C3H8 + 5 O2 → 3 CO2 + 4 H2O Así está ben axustada.
b)
-
C3H8 + 5 O2 → 3 CO2 + 4 H2O
-
Moles
1 mol
5 mol
→
3 mol
4 mol
-
Gramos
44,10 g
160,0 g
132,03 g
72,06 g
-
Litros
22,4 L
112,0 L
67,2 L
---
-

c)

S29
A reacción 2 SO2 + O2 → 2 SO3 xa está axustada.
-
2 SO2 + O2 → 2 SO3
-
Moles
2 mol
1 mol
→
2 mol
-
Litros
44,8 L
22,4 L
44,8 L
-
a)

b)
c)
Pasamos os litros de SO3 a moles:
![]()
S30
Axustamos a ecuación química empezando polos átomos de ferro:
2 Fe + O2 → Fe2O3
Axustamos os osíxenos: hai tres átomos nos produtos daquela ten que haber tamén 3 nos reactivos; multiplicamos o O2 por 3/2:
2 Fe + 3/2 O2 → Fe2O3
-
2 Fe + 3/2 O2 → Fe2O3
-
Moles
2 mol
1,5 mol
→
1 mol
-
gramos
111,69 g
159,69 g
-
Calculamos:

Polo tanto, si que se poden conseguir os 2950 gramos que se citan na pregunta.
S31.
a) Os carbonos están axustados xa; axustamos os hidróxenos:
CH4 + O2 → CO2 + 2 H2O
Axustamos os osíxenos. Nos produtos hai 4 átomos de osíxeno, daquela pomos un 2 no O2 dos reactivos:
CH4 + 2 O2 → CO2 + 2 H2O
-
CH4 + 2 O2 → CO2 + 2 H2O
-
Moles
1 mol
2 mol
→
1 mol
2 mol
-
Gramos
16,04 g
64,0 g
44,01 g
36,03 g
-
Litros de gas
22,4 L
44,8 L
22,4 L
---
-
b) Calor desprendida?

c) Litros de dióxido de carbono?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0