6.1 Solucións das actividades propostas
S1
-
Cambios
Físico?
Químico?

Físico. A auga pasa de sólido a gas.

Químico. A auga transfórmase en osíxeno e hidróxeno.

Químico. Fórmase unha substancia nova diatómica.
S2.
Os enlaces sinalados en vermello son os enlaces que se rompen, e os verdes son os enlaces novos que se formaron na reacción química.
S3
-
-
Que substancias son os reactivos?
-
Como se chaman?
Os reactivos son CO2 e H2O: dióxido de carbono e auga.
-
Que substancias son os produtos?
-
Cales son os seus nomes?
Son osíxeno (O2) e glicosa (C6H12O6)
-
S4
No óxido de cobre hai átomos de osíxeno e de cobre. De cobre hai 10 gramos, e de osíxeno ten que haber o resto ata 12,52 gramos; logo de osíxeno hai 2,52 g.
S5.
Observemos se hai igual número de átomos de cada elemento nos reactivos e nos produtos. As dúas están ben axustadas.
S6
a) NH3 (g) + FeO (s) → Fe (s) + N2 (g) + H2O (l)
-
-
Axustamos os nitróxenos:
2 NH3 (g) + FeO (s) → Fe (s) + 1 N2 (g) + H2O (l)
-
Axustamos os átomos de ferro:
2 NH3 (g) + 3 FeO (s) → 3 Fe (s) + N2 (g) + H2O (l)
-
Axustamos os átomos de osíxeno
2 NH3 (g) + 3 FeO (s) → 3 Fe (s) + N2 (g) + 3 H2O (l)
-
Revise se hai os mesmos átomos nos reactivos que nos produtos!
-
b) KClO3 (s) → KCl (s) + O2 (g)
-
-
Axustamos os osíxenos
2 KClO3 (s) → KCl (s) + 3 O2 (g)
-
Axustamos os átomos de cloro e de potasio
2 KClO3 (s) → 2 KCl (s) + 3O2 (g)
-
Comprobe que hai os mesmos átomos nos reactivos que nos produtos!
-
c) N2 (g) + H2 (g) → NH3 (g)
-
-
Axustamos os nitróxenos
N2 (g) + H2 (g) → 2 NH3 (g)
-
Axustamos os hidróxenos:
N2 (g) + 3 H2 (g) → 2 NH3 (g)
-
Comprobe que hai os mesmos átomos nos reactivos que nos produtos!
-
d) ZnS (s) + O2 (g) → ZnO (s) + SO2 (g)
-
-
Os átomos de Zn e de S xa están axustados; queda por axustar o osíxeno. Vemos que nos produtos hai 3 átomos de osíxeno, daquela nos reactivos tamén debe habelos; para iso temos que multiplicar por 3/2:
ZnS (s) + 3/2 O2 (g) → ZnO (s) + SO2 (g)
-
Así hai tres átomos de osíxeno en cada membro. Podemos transformar os coeficientes estequiométricos en números enteiros multiplicando todos eles por 2:
2 ZnS (s) +2 .3/2 O2 (g) → 2 ZnO (s) + 2 SO2 (g)
-
Simplificando queda finalmente:
2ZnS (s) +3 O2 (g) → 2 ZnO (s) + 2 SO2 (g)
-
Comprobe que hai os mesmos átomos nos reactivos que nos produtos!
-
S7.
a) Os subíndices representan o número de átomos de cada elemento que hai nunha molécula.
b) Os coeficientes estequiométricos representan o número de moléculas de cada substancia que interveñen na reacción química.
c) Non se poden cambiar, xa que cambiariamos a fórmula da molécula, e xa non se trataría da mesma substancia!
S8
-
Sodio
Cinc
Chumbo
Iodo
Osíxeno
22,99 u
65,37 u
207,19 u
126,90 u
16,00 u
S9
No sistema periódico dos elementos vemos que a masa atómica do iodo é 126,9 umas. Tamén sabemos que a masa molar expresada en gramos/mol contén 6,023.1023 átomos; daquela:

Para pasar os gramos a quilogramos dividimos entre mil, e dá 2,1.10-25 kg.
S10
a) Sulfato de cobre:
1 Cu = 63,54 u
1 S = 32,06 u
4 O = 4 x 16,00 u = 64, 0 u
Masa molecular = 63,54 + 32,06 + 64,0 = 159,6 u
b) Aspirina C9H8O4
9 C = 9 x 12,011 = 108,10 u
8 H = 8 x 1,008 = 8,064 u
4 O = 4 x 16,0 = 64,0 u
Masa molecular = 108,10 + 8,064 + 64,0 = 180,16 uma
S11

S12
Pasamos átomos a moles, e logo os moles a gramos:

S13
Un mol de calquera gas ocupa 22,4 litros se está en condicións normais; ademais 1 mol de CO son 12,01 + 16,0 = 28,01 gramos. Daquela pasamos os 300 g de CO a moles e logo os moles a litros:

S14
a) Volume da sala = lado x lado x lado = 9 x 2,6 x 6,5 = 152,1 m3. Un metro cúbico son 1000 litros, logo 152, 1 m3 son 152.000 litros de aire.
b) Calculamos os litros de O2:

c) Como un mol de gas son 22,4 litros:

S15
Pasamos 1 litro de gas a moles e logo a gramos. Dato: 1 mol de NO2 = 14,01g + 32,0 g = 46,01 gramos. Calculamos:

S16
a) Hai que axustar a ecuación química NaCl → Na + Cl2
-
-
Axustamos os cloros pondo un 2 diante do NaCl:
2 NaCl → Na + Cl2
-
Axustamos agora os sodios (Na):
2 NaCl → 2 Na + Cl2
-
Escribimos unha táboa cos datos de moles, gramos e litros da reacción anterior:
-
Reacción
2 NaCl → 2 Na + Cl2
-
Moles
2 mol
→
2 mol
1 mol
-
Gramos
116,89 g
45,98 g
70,91 g
-
Litros (CN)
--
--
22,4 L
-

S17
a) Axustamos a ecuación química.
En primeiro lugar axustamos os nitróxenos: N2 + H2 → 2 NH3
En segundo lugar axustamos os hidróxenos: N2 + 3 H2 → 2 NH3 (axustada).
-
-
Reacción
N2 + 3 H2 → 2 NH3
-
Moles
1 mol
3 moles
→
2 moles
-
Gramos
28,01 g
6,05 g
34,06 g
-
Litros (CN)
22,4 L
67,2 L
44,8 L
-
b)

Observe que na regra de tres non puxemos 1.000 kg, senón 1.000.000 gramos, xa que na liña anterior escribimos 34,06 gramos: as dúas unidades deben ser iguais.
c)

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0
