Saltar navegación

2.7 Cálculos estequiométricos

Cantos litros de osíxeno se consomen cando queimamos unha bombona de butano? Cantos quilogramos de carbón hai que engadir ao reactor para producir ferro a partir da chatarra oxidada? Canto carbonato sódico teñen que botar os bombeiros na estrada onde un camión verteu a cisterna con ácido nítrico? Para o saber, temos que aprender a facer cálculos estequiométricos; como imos ver de contado, están baseados nas ecuacións químicas.

A ecuación química axustada indícanos a proporción en que reaccionan as moléculas entre si. A reacción 2 HCl + Zn → ZnCl2 + H2 (g) dinos que dúas moléculas de HCl reaccionan cun átomo de Zn; ou tamén, que dous moles de moléculas de HCl reaccionan cun mol de átomos de Zn, producindo un mol de ZnCl2 e un mol de H2 gasoso. E como xa sabemos pasar moles a gramos, podemos recoller a información anterior nesta táboa

 

2 HCl + Zn → ZnCl2 + H2 (g)

  • Moles

2 mol

1 mol

1 mol

1 mol

  • Gramos

72.92 g

65.41 g

136.32 g

2.02 g

  • Litros (CN)

--

--

--

22.4 L

Lembre que o volume molar só lles é aplicable aos gases

Algúns cálculos

A táboa permítenos realizar moitos cálculos referidos a esta reacción química. Exemplos:

  • Se facemos reaccionar 200 g de cinc con ácido clorhídrico suficiente:

–      a) Cantos gramos de cloruro de cinc (ZnCl2) se producirán?

–      b) Cantos moles de hidróxeno gas (H2) recolleremos?

–      c) Cantos litros de hidróxeno gas son?

Solución:

Resolvemos mediante regras de tres ou por factores de conversión.

  • Na combustión do gas butano (C4H10) despréndese dióxido de carbono e vapor de auga.

–      a) Escribir e axustar a ecuación química do proceso.

–      b) Facer a táboa de datos relativa á reacción.

–      c) Unha bombona de butano ten 12 kg deste gas.

–      c1) Cantos gramos e litros de osíxeno O2 do aire cómpren para queimar todo o butano?

–      c2) Cantos gramos de dióxido de carbono se emiten a atmosfera nesta combustión?

–      c3) Cantos moles de auga se producirán?

Solucións:

a) A ecuación química é: C4H10 (g) + O2 (g) → CO2 (g) + H2O (g). Axustámola empezando polo C e polo H, deixando o axuste do osíxeno para o final; resulta:

2 C4H10 (g) + 13 O2 (g) → 8 CO2 (g) + 10 H2O (g)

b) Agora facemos a táboa cos datos de gramos, moles e litros:

 

2 C4H10 (g)     +     13 O2 (g)     →     8 CO2 (g)     +     10 H2O (g)

  • Moles

2 mol

13 mol

8 mol

10 mol

  • Gramos

116.25 g

415.98 g

352.08 g

180.15 g

  • Litros (CN)

44.8 L

291.2 L

179.2 L

224 L

c) Quéimanse 12.000 gramos de butano. Facemos os cálculos que nos piden:

 

 

Actividades propostas

S16. Nas piscinas e na potabilización da auga úsase cloro como desinfectante, que se obtén na electrólise do cloruro de sodio, NaCl. A reacción química é a seguinte: NaCl → Na + Cl2 (g)

a) Axuste a ecuación química.

b) Para obter un kilogramo de cloro (Cl2), cantos gramos de cloruro sódico hai que electrolizar?

c) Nun día de traballo normal pódense electrolizar en cada cuba 2500 g de NaCl. Cantos litros de cloro se conseguen (medidos en CN)?

 

S17. Para fabricar nitrato amónico nos fertilizantes úsase o amoníaco, NH3, que se produce a partir do nitróxeno do aire e de hidróxeno: N2 (g) + H2 (g) → NH3 (g)

a) Axuste a ecuación química.

b) Para obter un kilogramo de cloro (Cl2), cantos gramos de cloruro sódico hai que electrolizar?

c) Nun día de traballo normal pódense electrolizar en cada cuba 2500 g de NaCl. Cantos litros de cloro se conseguen (medidos en CN)?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0