Saltar navegación

2.6 Mol. Masa molar. Número de Avogadro

Un, dous ou mil átomos é unha cantidade tan pequena de materia que é case inmanexable. Na práctica, cando no laboratorio ou na vida normal se produce unha reacción química, interveñen nela millóns de millóns de átomos. Por iso introducimos o concepto de mol.

Collamos un átomo calquera do sistema periódico, o xofre por exemplo. Un átomo de xofre (S) ten unha masa de 32 umas. Cantos átomos de xofre hai que coller para xuntar entre todos eles 32 gramos? Pois... hai que contalos! Isto xa se fixo, e resulta que hai que coller 6,023.1023 átomos de xofre. Esto é así para todos os átomos da táboa periódica; por exemplo, para xuntar 35.45 g de cloro hai que coller 6,023.1023 átomos de cloro

Mol e número de Avogadro.

A esta cantidade, 6,023.1023 obxectos, chamámola mol. Daquela, un mol de átomos son 6,023.1023 átomos, un mol de moléculas son 6,023.1023 moléculas, un mol de virus son 6,023.1023 virus, un mol de euros son 6,023.1023 euros, etc. O número 6,023.1023, é o número de Avogadro (Amedeo Avogadro, 1776-1856).

Fíxese nestes exemplos:

Cantidade

Gramos

Número de partículas

1 mol de cobre (Cu)

63.55 gramos

6,023.1023 átomos de cobre

1 mol de auga (H2O)

18,015 gramos

6,023.1023 moléculas de auga

1 mol de amoníaco (NH3)

17.03 gramos

6,023.1023 moléculas de amoníaco

Masa molar

É a masa dun mol de partículas. Así, da táboa anterior dedúcese que a masa molar do cobre é 63,55 g, a masa molar da auga é 18,015 g e a masa molar do amoníaco é 17,03 g.

Algúns cálculos

Imos utilizar o que levamos aprendido nuns exemplos nos que facemos cálculos con moles, gramos, moléculas e átomos.

Atención!: para facilitar os cálculos empregaremos a cantidade 6.1023 como número de Avogadro. Pódense facer os cálculos por “regra de tres” ou por factores de conversión.

  • ¿Cantos moles hai en 100 g de auga? ¿Cántas moléculas? ¿Cántos átomos?

[Datos para ter en conta: 1 mol de H2O = 18 g = 6.1023 moléculas de auga]

  • Cantos gramos son tres moles de ácido sulfúrico, H2SO4? Cantos átomos de osíxeno hai neses gramos?

[Datos necesarios: 1 mol H2SO4 = 98 g = 6.1023 moléculas]

  • Calculemos a masa en gramos dunha molécula de ácido clorhídrico, HCl.

    [Datos: 1 mol HCl = 36.46 gramos = 6.1023 moléculas]

    Razoamos así: se 6.1023 moléculas son 36.46 gramos, daquela unha molécula son x gramos.

    Esta regra de tres, logo de a resolver, queda así:

   

Volume molar

É o volume que ocupa un mol dunha substancia. Cada sólido e cada líquido teñen o seu propio volume molar. A auga líquida ten un volume molar de 18 mL, o ferro 7.1 mL, o ácido oleico 315.6 mL. Xa vemos que en xeral son distintos.

Pero hai un feito curioso: moitos gases teñen o mesmo volume molar! Así, a 0 ºC e 1 atm (chamadas "condicións normais" -CN-), un mol de gas ocupa 22,4 litros aproximadamente. Por exemplo, un mol de O2 ocupa 22,4 litros, un mol de helio (He) tamén ocupa 22,4 L e un mol de metano (CH4) ocupa 22,4 L.

 

 

Actividades resoltas

Calculemos:

  • Masa molar da vitamina C, C6H8O6

176,13 gramos cada mol

  • Cantos moles son 200 g de vitamina C?


 
  • Cantas moléculas hai en 90 mg da vitamina?

 

Actividades propostas

S11. En 25 g de prata, cantos átomos hai?

S12. Temos 2,9.1025 átomos de ferro. Cantos gramos son?

S13. Cantos litros ocupan (condicións normais) 300 g de monóxido de carbono (CO)?

S14. Nunha sala de 9 x 2.6 x 6.5 m:

a) Cantos metros cúbicos de aire hai? Cantos litros?

b) De cada 100 L de aire, 20 L son de O2. Cantos litros de osíxeno hai na sala?

c) Se ese O2 estivese a 0 ºC e 1 atm, cantos moles de gas serían? E gramos?

S15. Cantos gramos de NO2 hai nun matraz de 1 L en condicións normais?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0