As reaccións químicas
2.5 Masa atómica e masa molecular
- Masa atómica: é a masa dun átomo. A masa atómica do ouro é 3,27.10-22 gramos, porque é a masa dun átomo de ouro. É unha masa pequenísima, polo que o gramo é unha unidade demasiado grande para a medir. Por iso adóitase medir masas atómicas en umas (unidades de masa atómica): 1u = 1,66.10-24 g (na táboa periódica figuran as masas atómicas en umas). Así, a masa dun átomo de ouro son 197 u, que é un número máis cómodo. O átomo máis lixeiro, o hidróxeno, ten unha masa de 1,00794 umas.
-
Masa das partículas elementais
Protón (p)
Neutrón (n)
Electrón (e)
1,00728 u
1,00867 u
0,00055 u
- Masa molecular: é a masa dunha molécula ao sumar as dos átomos que a forman. Por exemplo, a masa molecular do butano C4H10 é:
4 x 12.011 u + 10 x 1.00794 u = 58.12 u.
Actividades propostas
S8. Localice na táboa periódica as masas atómicas destes elementos: sodio, cinc, chumbo, iodo e osíxeno.
S9. Calcule a masa dun átomo de iodo expresada en gramos e en quilogramos.
S10. Calcule a masa molecular das substancias seguintes:
- Sulfato de cobre, CuSO4
- Aspirina (ácido acetil salicílico), C9H8O4
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0