2.1 Cambios físicos e cambios químicos
Cambios físicos
Consideremos as accións seguintes: evaporar auga ou alcohol, rachar en dous anacos unha folla de papel, disolver azucre no leite e machucar allos no morteiro. Todas elas son exemplos de cambios físicos, porque as substancias son as mesmas antes e despois da acción realizada: a auga segue a ser auga, o alcohol segue a ser alcohol, o papel segue a ser papel, etc. Nun cambio físico, as moléculas non sofren cambios, son idénticas antes e despois do cambio. Os cambios de estado son exemplos de cambios físicos.
Cambios químicos
Consideremos agora estoutros cambios: queimar alcohol ou papel, oxidarse o ferro, fritir un ovo, elaborar viño a partir da uva, botar un anaco de cobre en ácido nítrico (experiencia de laboratorio). Son todos exemplos de cambios químicos ou reaccións químicas, xa que as substancias iniciais (alcohol, ferro, papel...) non son iguais que as finais. Nun cambio ou nunha reacción química as moléculas non son as mesmas antes que despois. As substancias iniciais chámanse reactivos e as finais produtos.
Vexamos con detalle o que lles ocorre ás moléculas de alcohol (CH3 - CH2OH) nun cambio físico, como a evaporación, e nun cambio químico, como a combustión (queimar):
-

Moléculas de alcohol (líquido)
Moléculas de alcohol (gas)
-

Moléculas de alcohol e osíxeno
Moléculas de CO2 e H2O
Esta reacción química de combustión do alcohol representámola graficamente así:

e con fórmulas químicas así:

Para que as moléculas reaccionen teñen que achegarse entre si, máis concretamente teñen que chocar unhas coas outras. Se o choque é suficientemente violento e a orientación espacial a adecuada pódense romper enlaces entre os átomos dos reactivos, separarse eses átomos e reunirse (enlazarse) de novo, pero con átomos diferentes, formando novas moléculas. Fíxese nos debuxos seguintes, onde se representa a reacción F2 + H2 → 2 HF:
-
Caso 1. Choque pouco violento entre as moléculas. Non hai reacción química

Moléculas achegándose
Chocan
Afástanse sen reaccionar
-
Caso 2. Choque violento entre as moléculas. Hai reacción química

Moléculas achegándose
Chocan
Fórmanse moléculas novas
-
Caso 3. Choque entre as moléculas sen a orientación adecuada. Non hai reacción química

Moléculas achegándose
Chocan
Afástanse sen reaccionar
Xa que logo, en esencia, unha reacción química consiste na ruptura dalgúns dos enlaces (ou todos) entre os átomos dos reactivos e a formación de enlaces novos que dan lugar a novas moléculas, os produtos, que son substancias completamente diferentes aos reactivos.
Actividades propostas
S1. Observando as moléculas dos debuxos que seguen, diga se son cambios físicos ou químicos:
S2. Identifique nas reaccións químicas seguintes que enlaces entre átomos se romperon e cales se formaron:
-

S3. Unha reacción química na fotosíntese é: 6 CO2 + 6 H2O → 6 O2 + C6H12O6
- Que substancias son os reactivos? Como se chaman?
- Que substancias son os produtos? Cales son os seus nomes?
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0

