Saltar navegación

1.3 Obxectivos didácticos

 
  • Distinguir os cambios físicos dos químicos en situacións da vida cotiá.
  • Interpretar os cambios químicos como a formación de novas substancias debido ao cambio dos enlaces entre átomos.
  • Aceptar a conservación da masa nas reaccións químicas como unha consecuencia da conservación dos átomos.
  • Propor xustificacións para explicar a conservación da masa en reaccións en que aparentemente non se conserva.
  • Saber axustar reaccións químicas sinxelas e identificar os coeficientes estequiométricos como o número de moléculas que reaccionan.
  • Interpretar o mol como unha cantidade de substancia axeitada na manipulación de materiais e nos cálculos químicos.
  • Facer correctamente cálculos estequiométricos sinxelos en reaccións ben axustadas.
  • Valorar a importancia práctica das reaccións químicas na nosa vida habitual e as súas repercusións económicas, sociais e ambientais.

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0