Saltar navegación

2.1.4 Transformación de varias fraccións noutras equivalentes co mesmo denominador común

Facer isto vainos ser útil para sumarmos e restarmos fraccións. Vémolo cun exemplo: queremos transformar as fraccións 8/15 e 7/6 noutras dúas que teñan o mesmo denominador.

Para o conseguir temos antes que calcular o mínimo común múltiplo de 15 e 6:

Daquela 30 vai ser o novo denominador das dúas fraccións; fíxese como facemos:

Observamos que o denominador 15 se multiplicou por 2 para dar 30. Iso mesmo temos que facelo co numerador, multiplicalo por 2:

E igual coa outra fracción:

 

 

As fraccións son equivalentes ás iniciais e teñen o mesmo denominador.

A este proceso chámaselle reducir a denominador común.

 

Actividade proposta

S2. Reduza vostede a denominador común as fraccións seguintes:

 

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0