Saltar navegación

2.5 Repercusións ambientais da produción e do consumo de enerxía

Obter, transportar e consumir enerxía produce provoca adversos no ambiente e, con frecuencia, alteracións no contorno natural. Outras veces ocasionan accidentes que contaminan o medio. En Galicia coñecemos os dos petroleiros que continuamente cruzan as nosas costas: Polycommander (Vigo, 1970), Urquiola (A Coruña, 1976), Andros Patria (Illas Sisargas, A Coruña, 1976), Mar Exeo (A Coruña, 1992) e Prestige (Galicia, 2002).

 

 prestige petroleiro  chapapote 

 

O petróleo transpórtase en petroleiros que poden sufrir accidentes, verter o petróleo e producir mareas negras que dan lugar a desastres ecolóxicos, humanos e económicos.

 Outros efectos ambientais negativos

  • Aumento do efecto invernadoiro. Debido á alta liberación de dióxido de carbono á atmosfera, coa combustión dos combustibles fósiles. Este gas provoca un aumento do efecto invernadoiro natural. A terra quece máis do normal e prodúcense o cambio climático (fusión das zonas polares e aumento dos desastres naturais, como inundacións e secas prolongadas).
  • Chuvia ácida. Resultado das emisións contaminantes, fórmanse ácidos que caen ao chan cando chove ou neva, en forma de chuvia ácida, que é altamente contaminante para a vida tanto no mar como na terra.
    • Problemas de saúde. Coa contaminación do aire aumentan os problemas respiratorios da poboación, como asma e bronquite, e outro tipo de problemas, como alerxias, trastornos dixestivos e problemas de corazón.

 

Fase do proceso

Agresións ao medio

  •  Extracción de carbón, uranio, gas e petróleo.

En minas: erosión do terreo, destrución da paisaxe, accidentes e enfermidades para os traballadores, creación de residuos.

  •  Encoros hidráulicos

Perda de terreos valiosos para a agricultura; alteración do ecosistema local. Asolagamento de vivendas e pobos.

  •  Refinado do carbón e do uranio.

Verteduras de auga contaminada e outros líquidos aos ríos, mares e lagos.

  •  Transporte do gas e do petróleo.

Contaminación por derrames e accidentes (mareas negras).

  •  Xeración de electricidade en centrais térmicas e nucleares.

Produción de residuos da combustión do carbón e do fuel óleo: CO2 (efecto invernadoiro), SO2 (chuvia ácida), elevación da temperatura da auga provocada pola refrixeración das centrais (alteracións nos ecosistemas próximos); xeración de residuos nucleares e emisión de partículas radioactivas que escapan das centrais nucleares.

Actividade proposta

S18.        Cales son as principais repercusións ambientais debidas á produción e ao consumo de enerxía?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0