Saltar navegación

2.1.1 Relacións entre individuos dunha poboación e dunha comunidade biolóxica

Relacións intraespecíficas

As relacións entre individuos da mesma especie, é dicir, dentro da mesma poboación dun ecosistema, reciben o nome de relacións intraespecíficas. Poden ser destes tipos:

  • Familiar. Os individuos permanecen unidos por lazos de parentesco para a reprodución e o coidado da prole. Pode ser:

–      Patriarcal: formada polo macho e as crías. Por exemplo, o cabaliño de mar.

–      Matriarcal: a femia é a encargada do coidado das crías. Por exemplo, os gatos.

–      Filiais: os fillos permanecen unidos normalmente ata a idade adulta, como nos peixes, que tras a eclosión dos ovos, forman bancos.

–      Parentais, formadas polo macho, a femia e a súa prole. Hai aves, como as pombas, que manteñen este tipo de relación.

  • Colonial. Organismos unidos tan intimamente que teñen unha verdadeira continuidade física. Os corais forman colonias en que todos os individuos están unidos fisicamente.
  • Gregaria. Agrupacións moi numerosas de individuos que buscan fins diferentes. As aves xúntanse para emigrar e os grandes herbívoros africanos para defenderse.
  • Estatal ou social. Individuos de morfoloxía e fisioloxía diferentes que non poden vivir fóra do grupo. As abellas, as termitas e as formigas teñen relacións de carácter estatal.

Relacións interespecíficas

Cando a relación se establece entre individuos de especies diferentes dicimos que se trata de relacións interespecíficas. Entre elas:

  • Competencia. Organismos parecidos, de especies diferentes, que coinciden nas áreas xeográficas e que compiten por algún recurso (alimento, luz, etc.). Os piñeiros impiden o crecemento de plantas de menor tamaño, porque estas non conseguen suficiente luz.
  • Depredación. Un organismo dunha especie (depredadorou predador) persegue e captura outro (presa). Cando un depredador captura outro dise que é un superdepredador. Este é o caso da aguia, que ten como presa a unha serpe.
  • Parasitismo. Relación en que un organismo sae beneficiado (parasito) e outro sae prexudicado (hóspede). Nalgúns casos o hóspede pode morrer. Esta é a relación que se dá entre a tenia, un parasito intestinal dos vertebrados, e o home, ou a pulga e o can. No primeiro caso, como o parasito vive no interior do hóspede, dise que é un endoparasito, no segundo, como a pulga vive sobre a pel do can, chámase ectoparasito.
  • Simbiose. Dous organismos asócianse para obteren beneficio mutuo. Este é o caso dos liques, que están formados por unha alga e un fungo. A alga fai a fotosíntese, produce así materia orgánica da que se nutre o fungo. O fungo proporciónalle á alga protección e humidade. É esta unha relación obrigada, xa que non poden vivir separados.
  • Mutualismo. Como na simbiose, dous organismos relaciónanse e obteñen beneficio, pero poden tamén vivir por separado. Ex: hipopótamo e paxaro que come carrachas.
  • Comensalismo. Un organismo aliméntase dos restos de comida do outro. O peixe rémora aliméntase dos restos de comida da quenlla.
  • Inquilinismo. Un individuo (inquilino) asóciase con outro para buscar refuxio ou transporte pero sen causarlle prexuízo Os esquíos viven nos ocos das árbores.

Por Jesús Díaz Martín / Enrique Domingo Mariscal en Proyecto Descartes baixo Licenca CC BY-NC-SA

 

Actividades propostas

S1. Complete as frases seguintes empregando as palabras que se indican:

biótopo

biocenose

lugar

organismos

interrelacionados

 

Un ecosistema é un conxunto de que viven nun determinado. O conxunto de seres vivos dun ecosistema recibe o nome de , e o lugar onde viven, coas súas condicións fisicoquímicas, coñécese como ,            

Habilitar JavaScript

 

S2. Que tipo de relación representan as imaxes? En que consiste?

 Colmea de abellas  Bandada de gansos  Nai e fillos de oso polar Coral 

Colmea de abellas

Bandada de gansos

Nai e fillos de oso polar

Coral

 

 

S3. Indique o tipo de relación que representan as imaxes e explique en que consiste.

 Peixe rémora Camaleón  Paxaro 

Peixe rémora que se alimenta dos restos de comida da quenlla

Camaleón que devora un insecto

Paxaro; fai o niño dentro da árbore

 Paxaros que se alimentan dos parasitos do búfalo Lique  Carracha que se alimenta do sangue dun mamífero   Distintas especies de árbores

Paxaros que se alimentan dos parasitos do búfalo

Lique (unión íntima de alga e fungo)

Carracha que se alimenta do sangue dun mamífero

Distintas especies de árbores que viven próximas

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0