Saltar navegación

2.1.1 Poliedros

Son figuras tridimensionais limitadas por varios planos en forma de polígonos. Nun poliedro elementos principais son:

  • Caras: son os polígonos que limitan o poliedro.

  • Arestas: son os segmentos comúns a dúas caras.

  • Vértice: é o punto do poliedro onde se xuntan tres ou máis arestas

 

O número de caras, vértices e arestas está relacionado. A fórmula de Euler indica que se cumpre que:

Caras + vértices = arestas + 2

Poliedros regulares

Un poliedro regular é aquel cuxas caras son polígonos regulares iguais e en cada un dos seus vértices converxe o mesmo numero de caras.

Poliedro regular

Definición

Figura e desenvolvemento

  • Tetraedro

Formado por catro caras que son triángulos equiláteros.

 
  • Cubo ou hexaedro

Formado por seis caras que son cadrados.

 
  • Octaedro

Formado por oito caras que son triángulos equiláteros. Este poliedro xira libremente cando se suxeita por vértices opostos.

 
  • Dodecaedro

Formado por doce caras que son pentágonos regulares.

 
  • Icosaedro

Formado por vinte caras que son triángulos equiláteros.

 
  • Áreas dos poliedros regulares.Tendo en conta o seu número de caras e a área do polígono regular do que estea formado, calcúlase a área do poliedro regular multiplicando eses dous datos.

Os  cinco sólidos Platónicos xirando 

Los cinco sólidos Platónicos girando  por carmensancho — 24 de abril de 2014 - 00:24

Licencia  CC-BY-SA, GeoGebra Terms of Use
 

Actividades propostas

S1. Complete a táboa e comprobe que se cumpra para os cinco poliedros regulares a fórmula de Euler: cara + vértice = aresta + 2

 

Nome

Caras

Vértices

Arestas

C + V = A + 2

 

Tetraedro

4 + 4 = 6 + 2

 

Cubo ou hexaedro 

 

 

6 + 8 = 12 + 2 

 

Octaedro 

 

 

 

 

Dodecaedro 

 

 

 Icosaedro

Habilitar JavaScript