Saltar navegación

2.4.3 Formación de cordilleiras e arcos de illas

A calor interna da Terra, responsable do movemento das placas litosféricas, provoca procesos de construción do relevo, tanto nos continentes como nos océanos.

Formación de cordilleiras

O encontro de dúas placas tectónicas fai que as zonas de choque estea sometida a unha presión tal que a codia se engurre, se levante e forme montañas. Non todas as cordilleiras van ser similares, xa que varíao segundo o tipo de placas afectadas:

Codia oceánica e continental

A placa oceánica máis densa afúndese baixo da continental (proceso de subdución), arrastrando os sedimentos mariños cara ao manto, que está a maior temperatura, e producindo a fusión dos materiais, que ascenden cara á superficie e forman numerosos volcáns. Un exemplo deste tipo de cordilleiras, chamadas perioceánicas, son as situadas nas costas dos continentes, como ocorre na cordilleira dos Andes na costa oeste de América.

Codia oceánica e continental 

Codia continental e continental

Cando no choque de dúas placas entran en contacto dúas zonas de codia continental, coa mesma densidade, non existe subdución, senón que se acumulan os materiais na zona de choque, defórmanse e préganse, pero sen vulcanismo asociado. Un exemplo é o Himalaia e os Pireneos.

 

Codia continental e continental

Formación de arcos-illa

Codia oceánica e oceánica

Nalgúns casos, no choque entre dúas placas litosféricas só está afectada a codia oceánica. Nestes casos unha placa subduce por baixo da outra e, igual que nas cordilleiras perioceánicas, arrastra sedimentos cara ao interior, que ao afundírense orixinan fenómenos de vulcanismo. O magma expulsado, unido á acumulación de materiais polo choque das placas, produce a elevación da codia e pode emerxer á superficie formando unha cadea de illas, que debido á súa forma reciben o nome de arcos-illa. Un exemplo é o arquipélago do Xapón.

 Codia oceánica e oceánica

Formación de puntos quentes

Nalgúns casos aparecen illas volcánicas de orixe diferente, que non teñen forma de arco e non están nos bordos das placas litosféricasa, son os chamados puntos quentes.A súa orixe son zonas das capas máis profundas da Terra con altas temperaturas, que fan que suba o magma. Cando esta situación se produce en zonas de litosfera oceánica, máis fina que a continental, pode producir unha fenda pola que escapa o magma ao exterior formando un conxunto de illas de orixe volcánica. Un exemplo son as illas Canarias ou as Hawai.

 

 

Actividade proposta

Observa a animación e relaciona correctamente cada punto final (A,B,C,D, E) con: zona de dorsal, punto quente, volcán activo, volcán extinguido e pluma magmática.

Nota: Pulsa la tecla "Activar" para ver a animación

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0